Maiores
A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo organiza un taller dirixido a persoas maiores para ensinarlles o manexo de teléfonos móbiles e tabletas. A actividade, denominada Ao lado dos nosos maiores, terá lugar na Aula CeMIT os días 18 e 25 de xuño, en horario de 11:30 a 13:30 horas.
O taller, impartido por persoal de Orange, ten como obxectivo ensinar aos participantes as pautas básicas do funcionamento dos móbiles e das tabletas, así como solucionar as dúbidas que poidan ter para facer a súa experiencia máis doada, que adquiran maior autonomía persoal e que se familiaricen coa tecnoloxía móbil.
Durante as catro horas de actividade é recomendable que as persoas maiores leven os seus teléfonos móbiles e tabletas para aprender a enviar fotos, vídeos e mensaxes por WhatsApp, gardar contactos, facer chamadas, acceder e...
leer másO Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol organiza un Encontro de Maiores que terá lugar o 28 de abril en Covas.
Esta xuntanza é para as persoas maiores de 55 anos empadroadas no Concello de Ourol, dará comezo ás 14:30 horas e celebrarase no resort Las Sirenas, de Covas (Viveiro).
A data límite para anotarse é o día 19 de abril.
Despois da comida haberá baile e sorteo de regalos.
O Concello de Foz organiza unha comida gratuíta para os maiores de 60 anos empadroados no municipio. Será o día 21 deste mes, sábado, e o prazo para retirar as tarxetas no centro social empeza mañá, martes.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, manifestou hoxe: “desde o Concello de Foz queremos informar a todos os veciños, especialmente a aqueles que teñan máis de 60 anos e estean empadroados no noso concello, que o noso Concello fará a comida dos nosos maiores, como se fixo o ano pasado, cun resultado estupendo e a xente quedou moi contenta. Será o sábado 21 de abril na Sala Bahía a partir das 14:00 horas e o menú será de entremeses variados, carrilleiras con patacas, brazo de xitano, xeado, viño, auga, refrescos, café e chupito. Despois haberá un baile para que poidamos seguir a festa durante toda a tarde”.
... leer másA Aula CeMIT do Concello de Ribadeo organiza unha nova edición do obradoiro titulado Aprende a usar o teu smartphone.
Terá lugar os días 18, 19, 23 e 24 de abril, de 16:00 a 17:30 horas. As prazas son limitadas e para participar será necesario facer a preinscrición chamando ao 982 120 732 ou na propia Aula CeMIT.
Esta actividade desenvólvese en colaboración coa Fundación Vodafone, que ofrece varios cursos online. Está orientada principalmente a introducir ás persoas maiores xa non só no uso básico destes dispositivos, senón a mostrarlles tamén as múltiples vantaxes e posibilidades que lles abren en temas como seguridade, novas formas de lecer, as relacións cos demais ou a dispor dunha maior información.
Os participantes terán a oportunidade de contar cuns dez smartphones como elementos...
leer másO vindeiro 1 de febreiro dará comezo nas parroquias unha nova edición de Aquí?... coma de 20!. Nesta ocasión a actividade estará centrada no envellecemento e movemento activo e está baseada na práctica do Chi-Kung e do Tai-Chi “co obxectivo de paliar e retrasar os efectos do paso do tempo tanto no corpo como na mente e de mellorar a calidade de vida”.
Desde o Concello sinalan que “esta actividade é apta para todas idades, ten carácter gratuíto e todas as persoas interesadas en participar o único que teñen que facer é achegarse á parroquia correspondente e cubrir a ficha de inscrición”. Tamén poden obter máis información na Casa da Xuventude ou chamando ao seguinte número de teléfono 982 129 889.
Os martes haberá envellecemento activo en Cinxe de 15:30 a 17:00 horas e en Remourelle de 17:30 a 19:00 horas. Os...
leer másO vindeiro luns, 22 de xaneiro, darán comezo os talleres para a terceira idade que organiza o departamento de Servizos Sociais do Concello barreirense. Esta mañá foron presentados.
O alcalde, Alfonso Fuente, explicou que “son uns talleres para a terceira idade, como se viña facendo xa en anos anteriores en San Cosme de Barreiros, pero agora lévanse tamén a San Miguel de Reinante e máis a Vilamar, para dar cabida a que poida participar toda a xente maior que queira”.
O rexedor dixo que “estes talleres consisten en traballar con distinto material para previr enfermidades como ao alzheimer e outras que poden xurdir sobre todo na xente maior. E ao mesmo tempo aproveitar para estar xuntos un día á semana, charlar, verse e contar as súas cousas. Sempre tiveron boa participación e esperamos que este ano tamén sexa así...
leer másA Aula CeMIT do Concello acollerá o 2 de outubro un Taller de smartphones e tabletas para persoas maiores de 16 a 17:30 horas. As prazas son limitadas. As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse na Aula CeMIT, sita na rúa Antonio Otero, 15, ou chamando ao seguinte número de teléfono 982 120 732.
No taller abordaranse cuestións como as funcionalidades básicas dos smartphones, acceso, axustes, contactos, chamadas, whatsapp, mensaxes, cámara, conexións a internet, navegadores, correo electrónico, apps, etc… Toda a información sobre esta actividade destinada ás persoas maiores está na web da Aula CeMIT: http://aulacemit.ribadeo.org/2017/09/06/smartphones-e-tabletas-para-maio...
Este taller está organizado pola...
leer másO Concello de Foz organiza, a través da súa Concellería de Asuntos Sociais, unha comida para os maiores do municipio, que terá lugar o sábado 17 de xuño. A participación neste evento é gratuíta, pero os que queiran acudir deben retirar as tarxetas no centro social a partir de hoxe.
A concelleira de Asuntos Sociais de Foz, Mercedes González Alonso, explicou: “xa levábamos moito tempo con ganas de facer esta xuntanza. Nesta comida dos maiores queremos obsequialos cun día especial de convivencia no que agardamos que todos se sintan a gusto e que se divirtan. Terá lugar o día 17 de xuño, sábado, ás dúas da tarde na Sala Bahía. É para todos aqueles que teñan cumprido 65 anos e que estean empadroados no Concello de Foz”.
Mercedes González subliña que “a entrada é gratuíta pero previamente deberán retirar a tarxeta no...
leer másA Fundación TIC da Deputación, a través do InLugo, impartirá 36 cursos e obradoiros gratuítos de novas tecnoloxías para lucenses de máis de 55 anos no segundo trimestre de 2017. O Presidente, Darío Campos, presentou este xoves o programa de actividades, que suman un total de 471 prazas, da que 371 requiren inscrición previa.
Campos Conde, que estivo acompañado pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, afirmou que “con estas actividades, todas elas gratuítas, prestamos un labor social e promovemos o envellecemento activo dos lucenses, xa que o uso das novas tecnoloxías axudan á xente maior no benestar do seu día a día e facilitan a comunicación cos seus familiares e amigos”. Ademais, o Presidente anunciou que “algunhas das novidades deste trimestre están orientadas ao fomento da vida saudable e a favorecer habilidades cognitivas e psicomotrices...
leer másA Concellería de Servizos Sociais organiza unha viaxe a Noreña (Asturias) para o vindeiro día 29 deste mes de abril. Esta actividade está dirixida a veciños/as empadroados/as en Burela de máis de 55 anos.
O prazo para inscribirse ábrese mañá, mércores, e os interesad@s deben anotarse no Concello en horario de 08:00 a 15:00 horas, agás mañá que ao estar en horario de Semana Santa é de 09:00 a 14:00 horas.
A viaxe e a comida son totalmente gratuítas, e a saída será desde a estación de autobuses de Burela ás 08:00 horas.
A edil Patricia Otero explicou que “ese sábado, 29 de abril, celébrase o mercado semanal en Noreña e os participantes aproveitarán tamén para coñecer o pobo ademais dos diversos atractivos, como por exemplo o monumento ao gochu”.
A concelleira de...
leer más