Maiores

Etiquetas:
22/03/2022

O Concello de Foz ultima os preparativos para celebrar a xuntanza dos maiores do municipio este sábado, día 26. O prazo para apuntarse remata mañá, mércores. 

A concelleira de Servizos Sociais e Familia, Ana Rojo, explica que “o Concello de Foz está a rematar cos preparativos para celebrar o sábado día 26 a comida xuntanza en honra aos nosos maiores. É preciso sinalar que este evento no ano 2020 tívose que cancelar por motivos da pandemia, na previsión de contaxios, evitando así riscos innecesarios na propagación do virus. Despois destes dous anos tan duros de pandemia, sobre todo para a xente maior, agora que estamos todos vacinados da terceira dose e dado a baixa incidencia no noso concello, entendemos que debíamos retomar esta comida, como agradecemento ás persoas maiores do concello, recoñecéndolles a súa valía, polo que aportaron e...

leer más
Etiquetas:
12/03/2022

Do 14 ao 17 de marzo estará aberto o prazo de inscrición no seminario Atrévete co facebook, destinado aos maiores ribadenses.  

Desde a Aula CeMIT do Concello de Ribadeo explican que “dende o aliado dixital da Xunta de Galicia (FEGAUS) xunto co Canal Senior, a Aula CeMIT de Ribadeo foi unha das elixidas de entre toda a rede de aulas de Galicia, para impartir unha serie de cursos e charlas presenciais e de xeito online durante os vindeiros meses”.

O primeiro seminario chamado Atrévete co faceebook, orientado a xente non tan nova, terá lugar os días 18 e 24 de marzo de 10:30 a 11:30 horas na Aula CeMIT. “Os asistentes accederán dende os ordenadores da Aula CeMIT, xa que se impartirá de xeito online. O alumnado poderá comunicarse co profesor e preguntarlle dúbidas”, indican desde a Aula CeMIT ribadense. 

... leer más
Etiquetas:
31/12/2021

O Concello de Viveiro ten entre as súas prioridades o fomento dos hábitos de vida saudables entre os seus veciños e veciñas, por iso pon en marcha desde o 11 de xaneiro a segunda mensualidade do programa de envellecemento activo, con clases de ximnasia de mantemento gratuítas para maiores de 65 anos.

“Dentro deste obxectivo, queremos impulsar o envellecemento activo e para isto organizamos desde o concello unha actividade gratuíta de ximnasia de mantemento, dirixida a homes e mulleres a partir de 65 anos”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

Esta actividade, cunha duración inicial de dous meses, está a ter lugar os martes de 11:30 a 12:30 horas no pavillón municipal. As clases son impartidas por monitores profesionais.

O primeiro mes deste programa de ximnasia de mantemento para maiores...

leer más
Etiquetas:
18/11/2021

A Casa da Cultura acollerá o vindeiro luns, 22 de novembro, ás 17:30 horas unha charla para persoas maiores sobre as normas básicas e comportamentos como peóns e condutores nas vías públicas. Está organizada pola DGT en colaboración co Concello de Burela. 

A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, sinala que “prodúcense ás veces accidentes de peóns, atropelos... por todo isto a Xefatura de Tráfico en colaboración co Concello de Burela vai a realizar unha charla informativa destinada ás persoas maiores para lembrarlles como deben comportarse como peóns nas vías públicas e mesmo algúns aínda estarán a utilizar o seu vehículo particular polo que se lles lembrarán algunhas normas básicas”. 

A edil burelesa anima “a acudir a esta charla, xa que será de grande interese para as nosas persoas maiores. Vanse...

leer más
Etiquetas:
06/10/2021

O Centro de Día Aloumiños convoca o 2º Concurso Nenos e Maiores, que patrocinan AciaFozCCA e o Concello de Foz. O Certame foi presentado por José Ramón Rodríguez, coordinador de Aloumiños, Inés López Couto, concelleira de Cultura e José Carlos Paleo, presidente de AciaFozCCA. 

A organización establece dúas categorías. A individual, para rapazas e rapaces de 6 a 16 anos, que poderán presentar un debuxo ou un relato a elixir. A temática será E ti de pequeño… que facías?. Para obter esa resposta os participantes deberán facerlle esa pregunta a unha persoa maior da familia ou dos veciños e veciñas. E a especial para rapaces e rapazas de 6 a 16 anos xunto a unha persoa maior de 65 anos. O traballo a realizar, con temática libre, pode ser unha manualidade feita polos dous (nen@ e maior). 

José Ramón Rodríguez lembrou...

leer más
18/09/2021

Tras a súa presentación este luns na Coruña, a aula móbil formativa de “Enredando tour R” recalou hoxe en Cedeira e chegará o luns 20 a Viveiro para desprazarse o martes 21 e o mércores 22 a Sarria e Monforte respectivamente. É o momento das localidades lucenses, onde se instalará a aula formativa do tour para desenvolver esta actividade que procura a ‘inclusión dixital’ das persoas maiores. 
Que a fenda non deixe ninguén atrás 
A intención primeira desta acción é minorar o efecto da fenda dixital que tanto lles afecta a unha gran porcentaxe das/dos maiores e a outros colectivos vulnerables. Falamos de persoas que, por exemplo, durante o confinamento e nos momentos máis duros da pandemia, non puideron botar man das novas tecnoloxías para completar xestións esenciais como pedir unha cita médica, facer a compra ou realizar unha operación bancaria sen saír...

leer más
07/09/2021

O Concello de Barreiros, desde a área de Educación Familiar e en colaboración coa Concellería de Participación e Dinamización Veciñal, organiza o programa “Barreiros ActivaMente”, que atende ás necesidades das persoas maiores para manter unha mente activa, estimulada e entretida.

Como novidade, e adaptándose ás restricións sanitarias derivadas da Covid-19, o programa levarase a cabo en 4 lugares (onde máis inscritos/as figuren) entre as 7 localizacións ofertadas: San Cosme, San Miguel, Celeiro, Vilamar, San Xusto, Cabarcos e A Rilleira.

O programa está enfocado para persoas maiores de 65 anos, xubilados maiores de 60 anos e persoas con discapacidade que se consideren idóneas para participar nas actividades que serán dunha hora semanal de outubro a maio.

Como inscribirse?
As persoas...

leer más
Etiquetas:
24/01/2021

A Deputación de Lugo abriu a través dos Servizos Audiovisuais unha páxina en Facebook de Maiores Lugo 3.0, o programa do organismo provincial co que se promove o uso das novas tecnoloxías entre os lucenses de máis de 55 anos, así como a súa autonomía persoal. O obxectivo é que os maiores da nosa provincia poidan seguir activos desde as súas casas mentres non sexa posible impartir a programación habitual de cursos presenciais por mor da pandemia da Covid-19.

Esta iniciativa formativa e interactiva está dirixida especialmente aos maiores, aínda que está aberta a todas as persoas que queiran participar, xa que os seus contidos poden interesar a calquera cidadán, independentemente da súa idade. Deste xeito, facilítase unha nova vía para que os maiores, que en moitos casos viven sós, poidan seguir en contacto nestes tempos nos que a Covid-19...

leer más
17/01/2021

O Concello de Mondoñedo pon en marcha un programa de dinamización TIC dirixido ás persoas maiores de 65 anos que se desenvolverá en tódolos núcleos do municipio.

A programación, organizada polos técnicos de Servizos Sociais xunto ao equipo do programa As Tic na Casa, achegará as tecnoloxías á vida diaria das persoas de idade avanzada. Este servizo ofrecerá unha asistencia descentralizada e gratuíta que acompañará aos primeiros participantes, chegando aos seus fogares.

A concelleira de Servizos Sociais, Ángeles Rodríguez Rico, sinala que “a posta en marcha deste proxecto social ten como obxectivo favorecer o envellecemento activo”; xa que, nestes momentos, as restricións pola pandemia da covid-19 limitan o acceso ao club do xubilado ou aos locais das asociacións de mulleres nos que se desenvolvían múltiples...

leer más
Etiquetas:
22/09/2020

O Concello de Ourol organiza un curso de ximnasia para maiores que dará comezo o 2 de outubro. A actividade terá lugar dous días á semana (martes e venres), entre 11:00 e 12:00 horas, no edificio multiusos. Poderán participar só as persoas empadroadas no Concello de Ourol e para anotarse é preciso chamar ao departamento de servizos sociais, no teléfono 982 559 109. O aforo estará limitado e será obrigatorio o uso de máscara.

Ademais celebrarase un curso de entrenamento da memoria, a partir do día 14 de outubro. A actividade desenvolverase un día á semana (os mércores), entre 11:00 e 12:30 horas, no edificio multiusos. Só poderán asistir persoas empadroadas no Concello de Ourol que terán que anotarse no departamento de servizos sociais, no teléfono 982 559 109. O aforo será limitado e obrigatorio o uso de máscara.