O Concello de Alfoz celebrará o Xantar da 3ª Idade o 4 de marzo, sábado. Será ás 14:30 horas en Finca Galea e antes, ás 13:00 horas, haberá misa na igrexa de San Pedro.
O Concello explica que “a organización da comida é a mesma que en anos anteriores. As persoas xubiladas de Alfoz, independentemente da súa idade, e as súas parellas (sexan matrimonio ou parella estable) non pagan nada. Considérase acompañante a aquelas persoas (fillos, coidadores, etcétera) que vaian cun xubilado/a que por algún motivo necesite axuda; nese caso tampouco pagaría o menú (a diferenza doutros anos que si o facían). Entregarase un detalle aos participantes de maior idade e tamén ás parellas que cumpran as súas vodas de ouro, non só neste 2023 senón nos anos anteriores en que non se puido celebrar esta comida por mor da pandemia. Haberá misa ás 13:00 horas na igrexa de San Pedro e ás 14:30 horas será a comida en Finca Galea. O menú é: vieiras á galega, bacallau ao forno, carrilleras de porco e couland de chocolate con xeado, café, chupitos e bebida incluída. Terminarase cunha actuación musical”.
As inscricións poden facerse ata o luns 27 de febreiro na Área de Servizos Sociais do Concello. E para máis información os interesados poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2).