Este domingo, 27 de outubro, terá lugar en Lourenzá a cuarta edición da Feira do Cabalo coa que colabora a Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia apoia a cuarta edición da Feira do Cabalo que se celebrará este domingo en Lourenzá, organizada polo Concello. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da cita, que “reivindica a tradición cabalar desta zona -afirmou-, ao tempo que se converte en reclamo turístico e contribúe á dinamización económica local”.

Na feira, que comezará ás 9.00 horas, venderase gando equino e asnal. Ao longo da xornada sucederanse tamén competicións, como probas aparexadas de andadura serrada e chapeada ou concurso morfofuncional de poldros. 

No acto de presentación participaron entre outros, a alcaldesa, Rocío López, e o tenente de alcalde, Javier Huertas.