Libro
A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, a Deputada Provincial pola Comarca da Mariña, Mayra García Bermúdez, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron na biblioteca municipal do municipio do Landro, un libro monográfico sobre a figura e obra de Maruja Malloeditado pola Deputación, a cargo da catedrática Victoria Carballo-Calero, quen participou tamén na presentación. Esta iniciativa forma parte da programación de actividades que o Executivo da Deputación ofrece con motivo de que a Real Academia Galega de Belas Artes decidiu homenaxear polo Día das Artes Galegas, á artista lucense Maruja Mallo.
García Porto apuntou que “a través desta publicación poñemos en valor a vida e obra dunha das artistas máis importantes que viu nacer a nosa provincia. Maruja Mallo foi pioneira nunha forma de entender a vida e o arte e un...
leer másA novela A raíña das velutinas de Lionel Rexes será presentada en Mondoñedo o 2 de decembro. O acto terá lugar na Casa da Penela en Vilamor, ás 19:00 horas. Precisamente a narración xurdiu nese establecemento de turismo rural.
Tras a presentación celebrarase unha cea no mesmo local, para a que é preciso anotarse, e pode facerse no teléfono 645 97 18 77. O prezo da cea é 20 euros e a data límite para a inscrición o luns 27 de novembro.
O acto de presentación estará amenizado polo cantautor Miro Casabella e polo músico e escritor mindoniense Fran Bouso. A mesa de presentación estará formada, amais de polo propio autor, por Xulio Rodríguez Leiras -activista cultural mindoniense-, Fernanda Cedrón Trigo –neta do mítico guerrilleiro mariñao O Gardarríos-, e Bernardo Penabade –profesor de lingua galega que elaborou unha...
leer másO próximo martes, 21 de novembro, ás oito e media da tarde Xabier Grandío, presentará na Librería Bahía de Foz o seu libro “Tarot Rider Waiter, Claves para interpretarlo”.
No acto o autor explicará a interpretación desta modalidade de Tarot para posteriormente dialogar e aclarar dúbidas dos asistentes sobre o mesmo. Tamén asinará exemplares desta publicación.
O Complexo RegalXunqueira de Viveiro acolle a exposición do libro "Soños coma xogaras" con letras de Xaime Oroza e imaxes de Otero Regal.
A mostra é unha edición de 130 páxinas que recolle o último poemario do escritor viveirense Xaime Oroza e ilustracións de Otero Regal, feitas expresamente para cada un dos poemas.
O libro en galego foi publicado pola editorial madrileña Círculo Rojo, sendo o primeiro libro en galego promovido por esta editorial. Anteriormente ambos autores xa publicaron o libro artístico Dende mañá, que tamén tivo unha edición comercial da mesma obra.
Esta exposición permanecerá no Complexo RegalXunqueira ata o día 31 de xaneiro de 2018.
O vindeiro xoves, 2 de novembro, ás oito e media da tarde, na Librería Bahía de Foz, Paco Rivas vai presentar o seu último libro: Mar… usía. Relatos Salpresados. Editado por Baía Edicións.
Trátase dun conxunto de relatos que teñen como protagonistas ao mar e as súas xentes.
Xunto co autor, estarán na Librería Bahía, de Foz, o profesor Bernardo Penabade e a editora Belén López Vázquez.
As Deputadas Mayra García Bermúdez, Sonsoles López Izquierdo e Pilar García Porto, e a Concelleira de Economía, Ana Prieto González, xunto áprofesora María Isabel Fernández García, presentaron no obradoiro do libro do Centro de Artesanía e Deseño, Manuela Barreiro Pico. Ribadense destacada, primeira licenciada en Farmacia de Galicia (1900). Trátase do libro editado polo Executivo Provincial a través do Servizo de Publicacións, que recolle a vida e obra desta lucense a través de fotografías, recortes de prensa e documentos. Manuela Barreiro Pico foi a primeira muller en acadar o título de Bacharelato no instituto de Lugo, en 1896; a primeira matriculada na Universidade de Santiago de Compostela, en 1896; e a primeira licenciada en Farmacia en Galicia e sétima de España, no ano 1900.
García Bermúdez destacou que “Manuela Barreiro Pico foi...
leer másA recentemente creada A Xanela Editorial abre o seu camiño editor cun libro moi especial: Elas, de Aurora Marco, que se presentará o vindeiro 29 de setembro en Ribadeo nun acto na Escola Municipal de Música e Danza.
Segundo explican desde a Concellaría de Igualdade “a ensaísta, catedrática de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela, quixo mostrar nesta obra as contribucións das mulleres galegas nos diferentes ámbitos de ocupación desde as orixes ata 1975, ano de cambios políticos e punto de partida da revisión da situación e dereitos das mulleres”.
E engaden que “o libro, editado por A Xanela Editorial, é froito do labor de investigación iniciado na década dos 80 e recolle unha compilación de biografías que permiten ter unha visión do papel determinante da muller galega na sociedade...
leer másA terceira edición da Feira do Libro de Burela, que terá lugar do venres 25 ao domingo 27 de agosto, acollerá presentacións de moitos escritores e escritoras da Mariña ademais doutros de fora de Galicia como Matías Escalera ou Salvador Robles. A feira contará con dez casetas instaladas na Praza da Mariña que abrirán en horario de 11:00 a 14:00 horas polas mañás, e de 17:00 a 22:00 horas polas tardes. A inauguración oficial será o sábado ás 12:30 horas coa asistencia da pregoeira, a escritora Marica Campo, a deputada de Cultura, Pilar García Porto, o alcalde burelés, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil burelés comentou que “el próximo fin de semana celebramos aquí en Burela la tercera Feria del Libro. En esta edición pretendemos consolidarla y dotarla de actividades paralelas para que la hagan más atractiva....
leer másA Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, e o Concelleiro de Cultura, José Díaz, presentaron nos xardíns do Pazo de San Marcos a programación de actividades que Goberno de Deputación e Concello levan a Burela dende o 25 ao 27 de agosto no marco da III edición da Feira do Libro burelense.
O Executivo Provincial colabora co municipal na celebración desta iniciativa a través dun investimento de 8.000 euros, que permitirán a organización de novas actividades ao longo deste ano. Con cargo a este orzamento, a feira do libro de Burela contará con 10 stands doutras tantas librerías, 14 actividades para persoas de todas as idades, como presentacións e sinaturas de libros, entre outras; así como contacontos para os cativos, ademais dos concertosde Luar na Lubre e do cuarteto de jazz municipal.
... leer másEste mediodía presentouse a Feira do Libro de Foz, que se inaugurará mañá, xoves. Hoxe dá comezo unha nova edición de Foz Market, feira que se prolongará ata o domingo 20. Ademais esta fin de semana en Foz terá lugar o festival de música electrónica Tentacle Summer, e o sábado e o domingo celebraranse o Festival do Emigrante, en Vilaronte, e a Feira de Gando en Cangas.
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anunciou que “hoxe é un día de presentación dun fin de semana totalmente cargado de actividades de todo tipo: lúdicas, festivas e tamén culturais, como é o caso da Feira do Libro, que presentamos este mediodía. Hai que agradecer á federación de libreiros a súa organización e o Concello colabora no financiamento desta feira, que é moi importante para nós pois cobre un espazo dentro da cultura e do verán e encaixa perfectamente dentro...
leer más