Libro

Etiquetas:
08/06/2016
O Concello de Ribadeo ultima os preparativos da III Feira do Libro, que terá lugar do 1 ao 3 de xullo no parque de San Francisco.
 
O Concello ultima os preparativos da Feira do Libro, que terá lugar do 1 ao 3 de xullo no parque de San Francisco. A programación inclúe presentacións de libros de Ribadeo e da comarca, a presenza de figuras de primeira magnitude na literatura galega actual, música, teatro e actividades para @s máis pequen@s, segundo avanzou na xornada de hoxe o concelleiro de Cultura, Farruco Graña. 
 
Para o edil nacionalista “a Feira do Libro preséntase ben interesante para todas as persoas que amen a lectura e o mundo do libro. Será unha Feira do Libro na que potenciaremos o noso, o de aquí, o máis achegado a nós, o libro referido a Ribadeo e a comarca, pero que tamén contará coa presenza de figuras de primeira magnitude na literatura galega...
leer más
Etiquetas:
09/05/2016
La mariñana Marisol Moreda, presidenta de honor de la ONG Otro mundo es posible, presenta el 11 de mayo en Madrid su nueva novela "El último facetime".
 
La mariñana Marisol Moreda, presidenta de honor de la ong Otro Mundo es Posible, presenta este miércoles, 11 de mayo, en Madrid el libro El último facetime. Será a las 19 horas en el salón de actos de Cofares (Cooperativa de Farmacéuticos de España), sita en la Calle Santa Engracia, 31. 
 
El encargado de presentar el acto será Celestino Olalla, presidente de Otro Mundo es Posible. Y en el mismo intervendrán, además de la autora: Federico Mayor Zaragoza, ex director general de la Unesco y presidente de la Fundación Cultura de Paz; Pablo Lapunzina, director científico de Ciberer Hospital La Paz de Madrid; Julia Sáez Angulo, periodista y escritora; Cristóbal López de la Manzanara, presidente de la Asociación de Empresarios de Farmacia...
leer más
Etiquetas:
05/05/2016
Alexandre de Deus Monteiro presentará en Burela este domingo, 8 de maio, o seu libro "El hijo de un dios mayor".
 
A antiga biblioteca acollerá o vindeiro domingo, 8 de maio, a presentación do libro El hijo de un dios mayor, de Alexandre de Deus Monteiro. O acto está organizado pola Concellería de Inmigración e Cooperación. 
 
Segundo explica Angélica Gómez “o autor, de orixe caboverdiano, presenta a súa obra en Burela, pobo no que fundou a asociación Tabanca aló polos anos oitenta”.
 
O acto dará comezo ás sete da tarde. 
Etiquetas:
22/04/2016
O Concello de Ribadeo agasallará ás persoas que estes días visiten a Biblioteca El Viejo Pancho cuns indicadores de lectura. Deste xeito conmemora o día do libro.
 
O Concello organiza distintos actos con motivo da celebración do Día do Libro e agasallará ás persoas que visiten estes días a Biblioteca Municipal cuns marca páxinas, segundo deu a coñecer Farruco Graña.
 
O edil nacionalista manifestou que “cada vez máis debemos celebralo dun xeito especial. Días do libro hai trescentos sesenta e cinco ao ano, e é ben certo que este sábado, 23 de abril, aproveitaremos para destacar a festa do libro. Desde o Concello de Ribadeo quixemos sumarnos a esta celebración cunha mensaxe institucional breve e moi sinxela Vive lendo, le vivindo”.
 
O responsable de Cultura: “é bo que a lectura forme parte do noso día a día e...
leer más
Etiquetas:
21/04/2016
O Concello de Burela celebra o día do libro cunha dobre representación teatral os días 22 e 23 de abril.
 
O Concello conmemora o Día do Libro cunha doble representación teatral mañá, venres, e o sábado, na que Minimal Teatro porá en escena a obra Cumpleaños de Cervantes a Shakespeare. 
 
O concelleiro de Cultura, José Díaz, contou que “este fin de semana en Burela los días 22 y 23 de abril, vamos a tener una obra de teatro de la compañia Minimal Teatro de Asturias. Con un solo actor en escena, un monólogo de Saturnino García que es una persona muy conocida en el mundo del teatro a nivel nacional ya que tiene un gran curriculum tanto como director como actor. Estuvo actuando en Viaje a Ninguna Parte de Fernando Fernán Gómez, estuvo en la película Lorca, tiene mucha filmografía como director y como actor”.
... leer más
Etiquetas:
20/04/2016
A Librería Bahía, de Foz, acollerá o 26 de abril a presentación do libro e a inauguración da exposición "Os versos florecidos en louvanza de Foz".
 
"Os versos florecidos en Louvanza de Foz" foron escritos por Manuel María para os I Xogos Florais de Foz no ano 1966, e gañaron aquel premio. A Librería Bahía editou ao ano seguinte aqueles poemas e reeditounos no ano 1983 para celebrar o 30 aniversario da Librería.
 
Desde Bahía explican que “este ano en que se lle dedican as Letras Galegas a Manuel María e que se cumpren 50 anos da edición daquel poemario, quixemos recuperar esta obra dándolle un novo valor. Para isto pedimos a colaboración de varios artistas da Mariña que ilustraron os poemas, así esta nova edición vai ilustrada con obras de Juanel Ponte, Caxigueiro, Xosé Vizoso, Xosé Branco, Nachok e Lucía Vila, que colaboraron de forma totalmente desinteresada para que este...
leer más
Etiquetas:
17/04/2016
A Biblioteca Municipal de Foz organiza varias actividades para celebrar o día do libro e o das Letras Galegas.
 
A biblioteca pública municipal de Foz organiza diversas actividades para celebrar o Día do Libro e o das Letras Galegas. Anunciouno a concelleira de Cultura, Silvia Blach, quen explicou que é “unha programación para todos os públicos, onde se mesturan actos para nenos, mozos e adultos, con variedade de actividades como contacontos, obradoiros, presentación de libros, visitas escolares ou certames”.
 
Silvia Blach especificou que “pasada xa a celebración do Día de Rosalía e do Día da Poesía co Festival dos Namorados, comezamos o mes de abril coa celebración este ano do Día das Artes Galegas dedicado a Castelao, co obradoiro A obra de Castelao en teatro de sombras, a cargo de A Xanela do Maxín para mozos do IES de Foz. Será o vindeiro...
leer más
Etiquetas:
15/04/2016
O Concello laurentino programa actividades para celebrar o día do libro na Biblioteca Municipal e no centro de día para maiores o 22 de abril.
 
O Concello de Lourenzá programa diversas actividades para celebrar o Día do Libro na biblioteca municipal e no centro de día para maiores na xornada do 22 deste mes, venres.
 
Ás 12 do mediodía na biblioteca municipal haberá o espectáculo infantil Bibliocanta, a cargo de Chío Couto Rendo. Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.
E ás catro e media da tarde no centro de día terán lugar lecturas musicadas da obra do escritor Manuel María.
 
Ademais ese día na biblioteca municipal os asistentes serán agasallados cuns marcadores.
 
Etiquetas:
30/03/2016
O 2 de abril celébrase o día do libro infantil e xuvenil. E na Librería Bahía en Foz organizan unha actividades destinada a nen@s a partir de 4 anos.
 
A Librería Bahía de Foz celebrará o día do libro infantil e xuvenil cunha actividade destinada a nenas e nenos a partires de 4 anos. Versará sobre o libro “Sin título” e contará coa presenza de Paz Quiroga e Rosa López. As prazas son limitadas, polo que se precisa inscrición previa. Será ás 12 do mediodía.
 
Desde a Librería Bahía explican que coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen cada ano o 2 de abril conmemórase o día do libro infantil e xuvenil. 
 
Etiquetas:
23/02/2016
A Librería Bahía de Foz será escenario este venres, 26 de febreiro, da presentación do libro "Caboverdianas en Burela", de Luzia Oca.
 
Este venres, 26 de febreiro, ás oito e media da tarde na Librería Bahía preséntase o libro “Caboverdianas en Burela”, de Luzia Oca editado por Sotelo Blanco. Acompañará á autora na súa presentación Catalina Sanchez, gran coñecedora da realidade Caboverdiana.
 
O libro é froito da tese do mesmo título que a súa autora defendeu na Universidade de Santiago de Compostela e que foi avaliada con sobresaliente cum laude. A obra foi merecente do premio Vicente Risco de Ciencias Sociais na edición do 2015. 
 
Ao longo de quince anos de traballo Luzia Oca González analizou a vida das mulleres caboverdianas que están asentadas en Burela dende o ano 1978. A...
leer más