Libro
Este xoves, 7 de febreiro, a Librería Bahía de Foz acolle a presentación da obra de Randi Montero, titulada Yo siendo otra. O acto terá lugar a partires das 20:30 horas.
O lucense Randi Montero reivindica nesta novela, que é a súa primeira obra narrativa que escribiu en 2016, a liberdade persoal de cada quen para decidir quen quere ser dende a súa verdade máis íntima.
El libro Pintura y fotografía en el siglo XIX. Una aproximación al arte de Dionisio Fierros, del que es autora la ribadense Celia Castro, será presentado el próximo 7 de febrero (jueves) en Oviedo, en el edificio del periódico La Nueva España a las 19:00 horas. En ese acto intervendrán, acompañando a la autora, Nicolás Salvador Egido, representante del Grupo Hércules Ediciones en Oviedo, y José Penzol Díaz-Fierros, psiquiatra y bisnieto del pintor Dionisio Fierros.
La presentación del libro Pintura y fotografía en el siglo XIX. Una aproximación al arte de Dionisio Fierros tuvo lugar el pasado mes de junio en Ribadeo, a la que le siguieron actos en Lugo, en Madrid y en A Coruña.
A Sala de Exposicións de RegalXunqueira en Viveiro acollerá este venres, 11 de xaneiro, a presentación do libro de Pepe Peinó A Fuxida. O acto dará comezo ás 20:00 horas.
O propio autor explica que esta novela trata sobre a adolescencia, esa fermosa etapa de cambios, sensacións, emocións e rebeldía. O protagonista, Xaime, é un rapaz adolescente que sofre a angustia de buscar moitas respostas sobre a vida e non atopalas. Anda só, pensa, sinte e soña pero non é feliz. Séntese marxinado e débil no trato coas outras persoas, e sente medo ante a soidade, o baleiro e o ridículo. Pero Xaime é capaz de profundar nas verdades da vida e sabe que hai algo máis que o desánimo, que a vida pode dar moito máis de si. Convencido disto, e a pesar de que sabe que causará dor á súa familia, foxe de casa. Na súa fuxida de dez días coñece a outras persoas,...
leer másO Concello de Xove, a través do departamento de Investigación Social do Concello de Xove, elaborou o libro “Baleeira de Morás” dentro do proxecto Xove Mirando ao Mar.
Ata o mes de agosto de 2015 atopábanse no noso concello os edificios que formaron parte da antiga factoría baleeira de Morás, que estivo en funcionamento entre os anos 1965 6 1977.
Este libro é unha guía, unha aproximación á historia da caza dos cetáceos, onde se explica como rematou en Morás o último vestixio industrial baleeiro do Cantábrico e analiza o seu impacto industrial na zona, as relacións laborais e as condicións das primeiras traballadoras asalariadas desta empresa no noso municipio. Así como unha análise da biodiversidade e a conservación dos cetáceos. O libro recolle unha ampla reportaxe fotográfica de veciños e veciñas de Xove que traballaron na...
Este venres, 28 de decembro, presentarase en Mondoñedo, o libro de José María Rodríguez Díaz. O acto terá lugar na Casa da Xuventude, ás 20:30 horas.
Participarán: Elena Candia, Manolo Xanetos, José Isidro Fernández e Antonio Gregorio. Despois da presentación haberá unha mesa redonda.
O grupo 2na fronteira, formado por Carme Penín á voz e Maurizio Polsinelli ao piano e harmonio, amenizarán o acto de presentación do libro Carlos Álvarez Fernández-Cid. Músico, editado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, e que terá lugar este venres, 21 de decembro, ás 20:30 horas, no Teatro de Ribadeo. Esta obra colectiva, con prólogo de Francisco Díaz-Fierros Viqueira e deseño de Fernando Fernández Páez, recolle máis de 40 colaboracións arredor da figura de quen foi tan determinante na difusión da música en Ribadeo.
O sábado, 22 de decembro, ás 20:45 horas, na igrexa parroquial de Santa María do Campo, celebrarase o XXIV Festival de Panxoliñas, organizado pola Coral Polifónica de Ribadeo en colaboración co Concello. Actuarán a Coral Polifónica de Bueu, a Coral Fabrense de Fabero del Bierzo-León e a Coral Polifónica de Ribadeo...
leer másO 28 de novembro ás 20:30 horas na Libraría Bahía, de Foz, terá lugar a presentación da novela O alén dos barqueiros, de Anxo Muíños, publicada pola Editorial Fanes.
O alén dos barqueiros é unha novela con varias posíbeis lecturas e dotada de compartimentos comunicados entre si. Técena uns fíos aparentemente desparellos, mais enfiados habilmente polo autor.
A mitoloxía, a cultura fluvial, a Guerra Civil, os guerrilleiros antifascistas e a represión, habitan as súas páxinas, mais por riba de todo, é a espiritualidade dun persoanxe á procura dun gran segredo -encontrar un espazo propio na vida e no mundo-, o leit motiv da narración.
Anxo Muíños (Taragoña-RIANXO, 1966) é mariño e traballa no buque hospital Juan de la Cosa, con bases en Santander e Las Palmas.
Este...
leer másEste mércores, 26 de setembro, terá lugar na librería Bahía de Foz a presentación do libro "Conserveiras de Celeiro, Vicedo, Bares e Barqueiro" do que son autores Vicente Míguez e Carlos Nuevo, cronista oficial de Viveiro. O acto dará comezo ás 20:30 horas.
Trátase dunha obra cun gran valor documental xa que contén numerosas fotografías e imaxes da época, relacionadas co tema, á vez que un traballo de investigación exhaustivo que fai un percorrido polo desenrolo industrial da comarca ligado á pesca.
La ribadense Celia Castro Fernández presenta en Madrid su libro Pintura y Fotografía en el Siglo XIX. Una aproximación al arte de Dionisio Fierros.
El acto se celebrará el día 20 de septiembre en la Casa de Galicia en Madrid a las 19:30 horas.
En esta presentación intervendrán, junto a la autora, el académico de la Real Academia de Bellas Artes de San Fernando y autor del prólogo, Víctor Nieto Alcaide, y la editora Laura Rodríguez Herrera.
Colaboran en la organización de este acto la Xunta, la Casa de Galicia y Hércules Ediciones.
Celia Castro es catedrática de Historia del Arte en la Escuela Superior de Arte y Diseño Ramón Falcón, de Lugo. Es miembro fundadora de la Asociación de Amigos del Camino de Santiago, de Lugo, y de la Asociación de Amigos del Camino...
leer másDo 31 de agosto ao 2 de setembro terá lugar a IV Feira do Libro de Burela, que organiza a Concellería de Cultura. Os horarios de apertura das casetas será de 11:00 a 14:00 horas polas mañás e de 17:00 a 22:00 horas polas tardes. Haberá contacontos as tres xornadas, unha caricaturista pintando escenas da feira, presentacións e sorteos de libros ademais dun lote de peixe doado por ABSA. Como novidade este ano terá lugar o primeiro concurso de Relatos al Vuelo. Pola Feira do Libro de Burela pasarán autores como Manel Loureiro, Matías Escalera, Antía Yáñez, Pablo Mosquera, Carlos Nuevo e Alfonso Otero Regal, entre outros.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “los horarios de los tres días van a ser de once de la mañana a dos del mediodía, y de cinco de la tarde a diez de la noche. Inauguraremos el viernes, a las once de la mañana...
leer más