Rosario

Etiquetas:
30/09/2023

A parroquia de Castelo celebrará a festa na honra da Nosa Señora do Rosario a fin de semana do 7 e 8 de outubro.
 
Os festexos comezarán o sábado 7 ás 13:00 horas con misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo e a posterior procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo do Grupo Fénix, que repetirá na verbena co Grupo Pasión, a partir das 22:00 horas. Xa o domingo 8 haberá misa solemne de novo ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial de Cervo. A continuación terá lugar a procesión acompañada polo grupo Fol do Raxal, seguida da sesión vermú amenizada polo dúo Belinda.

A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; polo edil de Zona Rural, Adrián Arias; e por unha representación da asociación Cabaleiros do Xunco, que organiza a festa coa colaboración do Concello de Cervo e da Comunidade...

leer más
Etiquetas:
03/10/2019

A parroquia de Castelo celebrará a Festa na Honra da Nosa Señora do Rosario a vindeira fin de semana.

A cita comezará o sábado 5 ás 13:00 horas coa Misa Solemne cantada polo Coro Parroquial Cervo-Burela e a posterior procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo da orquestra “Emperadores”.

Ás 22:00 horas comezará a Gran Verbena a cargo do “Dúo Merengue” e a orquestra “Emperadores”.

Xa o domingo 6 haberá misa solemne ás 13:00 horas cantada polo Coro Parroquial Cervo-Burela. A continuación terá lugar a procesión e ao remate haberá sesión vermú a cargo do grupo “Fusión”.

A Festa está organizada pola Asociación Cabaleiros do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo, que convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na...

leer más