Inscrición
A organización do Entroido de Foz continúa avanzando e abre as inscricións para o seu desfile, que se celebrará o sábado 26. Ata o día 22 de febreiro ás 14.00 horas tod@s aqueles que queiran desfilar poderán anotarse no correo electrónico desfileentroidofoz22@gmail.com ou na Delegación de Cultura do Concello de Foz.
Para desfilar será necesario cumprimentar a documentación relativa a participantes (de todas as idades), vehículos e presentar os certificados COVID para que a organización os valide, no momento da presentación da documentación ou ben o día do sorteo de postos. En ningún caso se permitirán inscricións o mesmo día do desfile, xa que por motivos organizativos faise imposible. As dúbidas dos posibles participantes serán resoltas no teléfono 982.14.00.27, extensión 3 (Cultura)....
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha viaxe á Alberca por terras salmantinas, que terá lugar do 14 ao 17 de maio.
A saída será o sábado 14 ás 6:00 horas de Foz e ás 6:15 horas de Ferreira.
As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o día 6 de marzo, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 276 euros para os socios federados; 286 euros para os socios non federados e 291 euros para os socios temporais. Inclúe pensión complete en habitación dobre.
As rutas teñen un nivel de dificultade medio e o guía da viaxe será Santos Cordovilla, con quen se visitarán cinco conxuntos históricos como San Martín del Castañar e Mogarraz e de regreso visitarase o Canal de Castilla, obra de enxeñería do...
leer másO Concello de Burela en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela inicia a planificación e deseño de hortos urbanos. Aquelas persoas interesadas poderán inscribirse xa en hortosurbanos@burela.org e así o Concello coñecerá a demanda que pode ter esta iniciativa, que forma parte do Plan de actuación ecolóxico, de preservación ambiental e valorización de recursos naturais do Concello de Burela en colaboración coa USC.
O alcalde, Alfredo Llano, contou que “no Concello xa é coñecido que temos un convenio coa Universidade de Santiago de Compostela, a través da Politécnica de Lugo, e entre outros proxectos que compartimos están as hortas urbanas que queremos poñer en marcha en Burela. A partir do luns xa se pode ir apuntando xente. O que pretendemos con esta iniciativa de que se anote a...
leer másA asociación xuvenil Xoldra, coa colaboración do Concello de Mondoñedo, organiza a segunda edición da carreira Findano, que se celebrará o día 31 de decembro, venres, con saída da Praza do Concello ás 16:30 horas e nunha distancia de 4 quilómetros polas rúas do casco urbano mindoniense.
O prazo para inscribirse está aberto ata o 27 de decembro única e exclusivamente en galitiming.com. O prezo é de 7 euros e os beneficios irán destinados á Asociación Contra o Cancro.
A retirada de dorsais realizarase na Praza do Concello o mesmo día da carreira a partir das 15:30 horas, cunha zona acoutada para entrar e outra para saír. Tódolos participantes terán asignado un dorsal, que irá situado no peito e terá que ser visible durante a proba.
No Concello de Ribadeo presentouse esta mañá a XXXI San Silvestre, que se celebrará o 31 de decembro. A inscrición, que é obrigatoria e gratuíta, está aberta desde hoxe e ata o 26 de decembro. A máscara será obrigatoria para todas as categorías a partires dos seis anos de idade. Na presentación estiveron presentes o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e o técnico de Deportes, Iván Rodríguez.
O rexedor dixo que “estamos moi contentos de organizar isto porque o facemos con moita prudencia. Todo o que organizamos o facemos con moita prudencia, pero tamén con moita ilusión, sabendo que todo isto que estamos programando vai ter moita repercusión e seguro que haberá moita xente que se inscriba de Ribadeo e veciños de fora de Ribadeo que se acheguen aquí. Tamén este día último do ano qué mellor que despedir o ano...
leer másCo fin de continuar na senda de ofertar actividades deportivas a nenos/as e adultos para potenciar os hábitos de vida saudables e activos, o Concello de Barreiros ven de organizar unha serie de actividades encadradas dentro das Escolas Deportivas Municipais para este período 2021-2022.
ACTIVIDADES PARA MENORES
- Escola Multideporte (xogos motores, iniciación no atletismo, baloncesto e bádminton)
- Natación Escolar
- Fútbol Sala Base
- Surf
ACTIVIDADES PARA MAIORES (+16 ANOS)
- Ximnasia de Mantemento
- Ioga suave
- Ioga
- Jumping
- Zumba
O prazo para preinscribirse en calquera das actividades atópase aberto ata o 6 de outubro (inclusive)
As persoas interesadas poden consultar toda a información así como a descarga de solicitudes...
leer másA Concellería de Deportes abrirá o vindeiro luns, 27 de setembro, o prazo para participar nas escolas deportivas de inverno que se desenvolverán do 4 de outubro ao 27 de maio. As modalidades que se ofertan son: patinaxe lúdico, rutas en bici e tenis. O prezo de cada actividade será de 6 euros ao mes.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, contou que “vimos de presentar o que van ser as escolas deportivas municipais de inverno do curso 2021/2022 do Concello de Burela. Ábrese o prazo para presentar a documentación o próximo luns, día 27. Ata o día 30 estaremos recollendo toda a documentación. O formulario para cubrir vai estar dispoñible na páxina web do Concello, en redes sociais, así como tamén haberá unhas copias no propio Concello para quen queira facelo en papel. A inscrición vaise facer na Casa da Xuventude, de oito da mañá a...
leer másO Concello de Cervo abre o próximo luns o prazo de inscrición para a nova temporada das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de natación, sempre cun estrito protocolo de seguridade e limite de aforo motivado polo COVID-19.
Nas escolas deportivas infantís impartiranse as modalidades de ximnasia rítmica, multideporte, patinaxe, ioga e volei; mentres que nas escolas deportivas de adultos as clases serán de fit-dance, pilates, ximnasia de mantemento e ioga.
As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura en horario de 09:00H a 15:00H e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación.
Tamén se abre o prazo o próximo luns para os cursos de natación da temporada 2021-2022 tanto para infantil como para adultos. Hai...
leer másFoz acollerá o 15 de agosto, domingo, a décimo segunda edición da carreira popular Run Foz Run, para a cal xa está aberto o prazo de inscrición. O día anterior, sábado 14, haberá unha andaina, que empezará ás 20:00 horas.
O domingo 15 as carreiras comezarán ás 10:00 horas e haberá probas nas seguintes categorías: cadete, infantil, alevín, benxamín, pícaros e absoluta. Esta última esta programada para as 11:00 horas.
A organización explica que os participantes terán que portar un dorsal no peito en todo momento ben visible. Recomendan recollelo o sábado 14 en horario de 17 a 20 horas no CENIMA de Foz, situado na Travesía da Riveira, onde ademais estará a saída e a meta. Excepcionalmente os corredores poderán recoller o dorsal o día da proba na carpa da organización en horario de 08:30 a 09:30.
O Concello do Valadouro organiza unha nova edición do seu Ludiverán. Será do 5 de xullo ao 31 de agosto. As actividades están orientadas a rapaces e rapazas nados entre os anos 2009 e 2017 e terán lugar entre as dez da mañá e a unha do mediodía.
Terán preferencia, sempre por rigorosa orde, os que se inscriban entre os días 21 a 25 de xuño. Desde o Concello recomendan que a inscrición se faga preferentemente por medios telemáticos (sede electrónica ou e-mail cultura@valadouro.gal). Se non fose posible farase en persoa nas oficinas da Casa da Cultura con cita previa no 982571516 ext.1 de 10:00h. a 14:00h e de 16:00 a 20:00h de luns a venres.
Bases e modelo para a solicitude https://bit.ly/3zzWH8F