Inscrición
Dende hoxe, 23 de agosto, ao 23 de setembro está aberto o prazo para anotarse ao XI Encontro de Palilleiras. As asociacións e particulares poden facelo directamente chamando ao teléfono do Concello, os vendedores interesados en participar co seu posto deben facelo obrigatoriamente a través do correo electrónico encontropalilleiras@xove.es. As solicitudes de inscrición poden baixarse dende a páxina web do Concello.
Dende a Delegación de Igualdade se retoma este encontro despois de dous anos de pandemia, polo que animamos a todos, palilleiras, vendedores, etc. a que participen.
O Concello de Ourol organiza o vindeiro 3 de setembro unha excursión que pasará por Pontemaceira, pola Cascada do Ézaro e finalmente chegará ao Faro de Fisterra.
Sairase as 7:30 horas de diante do Concello. A excursión é gratuíta e está destinada ás persoas empadroadas en Ourol. Non ten límite de idade, pero os menores deberán ir acompañados dun adulto.
O número de prazas está limitado a 51, que se cubrirán por orde de inscrición. As persoas interesadas en anotarse teñen ata o 30 de agosto e poden facelo nos teléfonos 982 559 109 ou 677 489 457 (Servizos Sociais).
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, amósase satisfeita de que Ribadeo retome as Xornadas Mar por Medio, que se celebrarán do 16 ao 18 de setembro na vila.
Otero Cabarcos declarou que “no Concello de Ribadeo estamos encantados de poder recuperar as Xornadas Mar por Medio, que terán lugar no auditorio municipal Hernán Naval o vindeiro mes de setembro. Desde o Concello sempre apoiamos estas iniciativas históricas e culturais”.
A Academia Xacobea, en colaboración coa Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago, a Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo, organiza as XVII Xornadas Xacobeas Mar por Medio nas que estará presente e participará como conferenciante o hispanista británico John Rutherford, impulsor e difusor desta cita en anteriores edicións.
A inscrición para asistir ás...
leer másCervo acollerá o II Trail de Sargadelos o 24 de xullo. Tamén haberá unha andaina que partirá ás 9:30 horas do Conxunto Histórico Artístico
A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares e polos concelleiros David Rodríguez e Dolores García Caramés, en representación da asociación Amigos da Trula, que organiza o evento en colaboración coa administración local
O percorrido previsto será de 11 quilómetros e circular "e permitirá aos/ás participantes desfrutar das paraxes e sendeiros da contorna de Sargadelos", tal e como apuntaron desde a organización.
A recollida de dorsais farase o sábado 23 en horario de 17h a 20h e o mesmo día da carreira de 08:00h a 09:00h.
A saída do trail está prevista para as 09:00 horas e a andaina ás 9:30 horas.
... leer másA Aula CeMIT, do Concello de Ribadeo, impartirá dous cursos presenciais os días 15 e 16 de xuño.
O día 15 terá lugar o curso sobre Pagos en Internet. Falarase sobre como facer pagos a través da banca electrónica, pagos en comercios electrónicos, a través de PayPal, con exemplos de usos cotiáns.. Tamén se explicará a seguridade que hai que ter con estes sistemas así como recomendacións ou consellos para non caer en posibles estafas.
E o día 16 será o curso sobre APP`s sobre relatos e audiolibros, que hoxe en día están acadando maior mercado. Explicarase como descargar libros nos dispositivos e a procura de diferentes temáticas. Introducirase aos asistentes tamén ao mundo sobre relatos en chat e informarase do seu uso.
Calquera dúbida poderá ser despexada no mesmo curso mediante roldas de...
leer másXa está aberto o prazo de inscrición na sexta edición da Carreira Popular `Burela Bonita, que terá lugar o 30 de xullo a partir das 19 horas, con saída e meta na Praza da Mariña.
Haberá varias categorías: Pícaros, Benxamíns, Alevíns, Infantís e Cadetes, así como a Competición Absoluta de 5000 metros.
As inscricións, que deberán ser online a través da web championchipnorte, poderán realizarse ata o 27 de xullo.
Estas son as basesda VI Carreira Popular Burela Bonita https://burela.org/gl/carreira-burela-bonita-2022
O Concello de Ourol abre o prazo para anotarse no obradoiro A horta en macetas, que se impartirá o vindeiro 21 de abril.
Trátase dun obradoiro de carácter teórico-práctico co obxectivo de aprender a importancia de elixir ben as macetas, os abonos, de cómo regar e cando facelo, os invernadoiros, os transplantes...
O obradoiro será impartido o 21 de abril de catro a oito da tarde no edificio multiusos de Ourol. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse nos teléfonos: 982 55 90 19 ou 608 694 051 (WhatsApp) ata o 19 de abril. As prazas son limitadas.
Do 14 ao 22 de maio terá lugar o XV Ribadeo de Tapeo. Os establecementos hostaleiros que desexen participar neste concurso gastronómico teñen ata o 11 de abril para anotarse.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, contou que “este ano o Concello de Ribadeo retoma, despois desta época complexa derivada da crise sanitaria do covid, o famoso concurso gastronómico Ribadeo de Tapeo, que chega á súa décimo quinta edición”.
O edil ribadense dixo que “este evento que viña colleitando éxito ano tras ano, é un escaparate e unha oportunidade para difundir a nosa gastronomía, ademais do bo facer dos profesionais da hostalaría ribadense.Converténdose esta cita nunha das mellores plataformas gastronómicas, un espazo onde compartir novas ideas e propostas desta cociña en miniatura e fomentar a nosa...
leer másSeguindo ca serie de seminarios e cursos que se impartirán nos próximos meses na Aula CeMIT, do Concello de Ribadeo, o vindeiro venres, 1 de abril de 10:30 a 11:30 hora terá lugar outra charla na que se falará e introducirá a poboación sobre que é a administración electrónica.
Desde a Aula CeMIT explican que “hoxe en día e sobre todo no futuro, a administración electrónica será un punto clave nas nosas vidas na relación con calquera administración ou organismo. Falarase cun idioma fácil de asimilar e daranse as pautas para a súa correcta utilización”.
O prazo de inscrición comezará dende este venres, 25 de marzo, ata o 31 deste mes en horario de 09:00 a 14:00, nos teléfonos 982129 889 ou 982 120 732 e tamén no correo electrónico cemit.ribadeo@xunta.gal en calquera...
leer másXa está aberto o prazo de inscrición para participar no gran desfile de Entroido, que se celebrará o 1 de marzo e que repartirá máis de 4.000 euros en premios, segundo informan o Concello de Ribadeo e Acisa.
Dende a organización indican: “para obter información sobre a maneira de inscribirse recomendamos chamar aos teléfonos 982 128 689, 982 131 565 ou 982 120 565 ou ben consultar as webs do Concello ou de Acisa Ribadeo”.
E explican: “para participar no desfile, pode realizarse a inscrición en persoa no rexistro das oficinas municipais ou a través do correo electrónico turismo@ribadeo.org. As bases e ficha de inscrición atópanse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do portal www.ribadeo.gal e na web...
leer más