Inscrición
Ata o 29 de setembro vai estar aberta nas oficinas do Concello a Preinscrición para o Curso 2023-2024 na Escola Municipal de Música de Xove. Todos os alumnos/as que queiran preinscribirse deberán presentar o impreso cuberto no Rexistro Municipal en horario normal de oficinas (de 8:00 a 14:00 horas) para formalizar a súa preinscrición ou tamén enviando o impreso cuberto ao correo electrónico carolina@xove.es. O impreso de preinscripción o poden recoller nas oficinas do Concello o na web do Concello www.xove.es.
Rematado o prazo de preinscrición fárase público no taboeiro de anuncios do Concello o listado de NOVOS admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2.023/2.024. O pago da matrícula farase mediante o Acordo Regulador do prezo público: “O pago da...
leer másDesde o vindeiro 1 de xullo e ata as 14:00 horas do 15 de xullo abrirase un prazo de solicitude de matrícula na EMMeD para o curso 2023/2024 para novo alumnado. Farase de xeito telemático a través dun formulario que se atopará na páxina web da escola.
No caso de que pechado este prazo haxa máis solicitudes que número de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo para determinar as persoas que entran neste novo curso. As restantes formarán parte dunha lista de agarda.
O Concello de Cervo programa unha nova edición de “Cervo Concilia”, unha iniciativa municipal máis que consolidada –que na pasada edición reuniu a máis de 150 crianzas- que pretende ser “esa ferramenta de axuda á conciliación das familias, en épocas nas que pode resultar máis difícil como é o verán”.
O programa está dirixido ás crianzas do municipio de entre 3 e 12 anos e desenvolverase desde o 22 de xuño ata o 8 de setembro “cubrindo á totalidade o período das vacacións escolares, para beneficiar ao máximo ás familias e axudarlles na difícil tarefa de conciliar”, tal e como precisou o rexedor en funcións, Alfonso Villares.
Pola súa banda a edil de Educación en funcións, Dolores García Caramés, que coordina o programa, apuntou que o prazo de inscrición poderase formalizar ata o 19 de xuño na Casa do Concello o una Casa da Cultura....
leer másO Concello de Viveiro informa que o luns, 5 de xuño, ábrese o prazo para inscribirse no Programa Corresponsables Campamento Urbano de Verán 2023, que se desenvolverá dende o 3 de xullo ao 31 de agosto de 2023.
As bases de selección e o modelo de solicitude estarán publicadas no taboleiro de anuncios dixital e na paxina web do concello.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 14 de xuño, sendo preferible facelo pola sede electrónica, aínda que tamén poderán presentarse presencialmente no Rexistro do Concello, onde se facilitarán os modelos de solicitude.
O campamento de verán está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2019, ambos incluídos, e realizarase no pavillón do CEP Lois Tobío, de luns a venres, en horario de 8,30 a 14,15, con entrada flexible ata as 10,00...
leer másO Concello de Foz e a asociación O Noso Foz acaban de publicar as bases que rexerán o desfile de Entroido Foz, que se celebrará o próximo 18 de febreiro.
Estas bases que están a dispor de todos aqueles que queiran saír a desfilar nas redes sociais do Concello nos taboleiros de anuncios e na delegación de cultura, explican o funcionamento para poder participar. Todos aqueles que queiran entrar no concurso deberán entregar cuberta a solicitude coa documentación correspondente dependendo da categoría de inscrición. Poderá solicitarse e entregarse no mail cultura@concellodefoz.es e no teléfono 982.140.027 extensión 3.
Os participantes que se inscriban antes do luns 13 pola tarde participarán no sorteo de postos que se realizará no concello ás 20 horas. Os que se inscriban...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.
Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse está aberto dende este luns 16; e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o venres 20 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”.
As competicións comezarán o luns 23 de xaneiro na cafetería da Casa do Mar e prolongaranse ata principios do mes de marzo.
Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, con data aínda por determinar.
Dende o Concello de Cervo convidan a todas as veciñas interesadas na competición a acudir...
leer másO luns, 21 de novembro, ábrese o prazo de inscrición na XXXII San Silvestre de Ribadeo.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, manifestou: “hoxe presentamos unha nova edición da San Silvestre de Ribadeo, que é a trixésimo segunda. Os premios seguen sendo da mesma cantidade e do mesmo xeito que na anterior. O prazo de inscrición empeza o 21 de novembro e remata o 26 de decembro, ambos incluídos”.
O edil ribadense lembrou que “esta nova edición vén precedida da anterior, que estivo marcada polo Covid e parte desa carreira se fixo con máscara, pero logrouse levar a cabo esa edición”.
Díaz Freije agarda que sexan moitas as persoas as que se animen a inscribirse e a correr a San Silvestre 2022: “esperemos que este ano sexan moitos inscritos, que veñan a Ribadeo despedirse deste ano 2022 e que...
leer másO Concello de Burela informa do curso organizado pola Asociación Galega de Taekwondo Tradicional e Disciplinas Asociadas coa colaboración do Concello.
A actividade estará destinada a nenas e nenos a partir de 5 anos, podendo asistir sós ás clases ou ben cos pais e/ou nais. Tamén poden inscribirse persoas adultas.
Ofértase taekwondo infantil, competición, especial combate e defensa persoal específica para mulleres.
As reservas de praza realizaranse nas oficinas de información do Concello, con matrícula gratuíta. O custo da actividade serán 10€/mes.
Impartirase no Centro de Formación Ocupacional sito na avenida Arcadio Pardiñas,137 entresuelo en horario ou de 17:30 a 18:30h ou de 18:30 a 19:30h.
O curso inicia o venres 7 de outubro e...
leer másO Concello de Viveiro informa do comezo dos prazos de inscrición para os cursos infantís de natación durante o curso escolar 2022/23 na piscina municipal.
‘Natación infantil’ ofértase para nenos e nenas nados entre 2017 e 2018, mentres que ‘Natación nenos’ é para os nados entre 2009 e 2016. As escolas ofertaranse para os nados entre 2016 e 2007.
A preinscrición ó comezo do curso farase de maneira presencial ou telefónica, e posteriormente sortearanse as prazas. Cada neno poderase preanotar nun único grupo e asignaráselle un número no momento da preinscrición, informando do total de prazas ofertadas para o posterior sorteo. Será preciso facer unha proba de nivel co fin de asignar a cada alumno no grupo correspondente.
Para o primer trimestre do curso, o prazo de preinscrición é do 5 o 22...
leer más