A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha viaxe á Alberca por terras salmantinas, que terá lugar do 14 ao 17 de maio.
A saída será o sábado 14 ás 6:00 horas de Foz e ás 6:15 horas de Ferreira.
As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o día 6 de marzo, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 276 euros para os socios federados; 286 euros para os socios non federados e 291 euros para os socios temporais. Inclúe pensión complete en habitación dobre.
As rutas teñen un nivel de dificultade medio e o guía da viaxe será Santos Cordovilla, con quen se visitarán cinco conxuntos históricos como San Martín del Castañar e Mogarraz e de regreso visitarase o Canal de Castilla, obra de enxeñería do século XVIII. A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, pasaporte covid e mascarilla.