Inscrición
Apaga presenta nova oferta formativa e no mes de abril vai impartir un curso de interpretación de planos no sector naval. Poderán asistir quince persoas e o prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de marzo. Desde a organización sinalan que “unha vez superado o curso os asistentes poderán optar a postos de traballo que ofrecen as empresas navais tanto en Asturias como en Galicia”.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, declarou que “desde principio de ano estivemos traballando, dada a situación da pandemia e de determinados sectores, e consideramos que desde a nosa asociación tamén podíamos aportar algo e xerar algunha actividade de formación que puidera paliar en gran medida esta situación que se está dando. Pensouse en traballar en tres liñas de actuación. Unha sería o sector naval, outra a de comerciantes e pequenas empresas e...
leer másA Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) organiza esta fin de semana, os días 6 e 7 de febreiro, un curso de aparatos de medida: directa, por comparación e en electricidade. O día 20 de febreiro terá lugar outra actividade destinada a persoas que están pendentes de presentarse a unha oposición e os días 27 e 28 impartirán un curso sobre aerografía e as aplicacións que ten no mundo do automóbil, das motocicletas ou dos monopatíns. A inscrición está aberta e o número de prazas é limitado.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, anunciou que “esta fin de semana, o sábado e o domingo, está previsto facer un curso sobre aparatos de medida mecánicos e eléctricos. Sempre coas condicións que regula o covid de separación adecuada, ventilación, etc…”. Na cita abordaranse cuestións como o calibre en mm e pulgadas, o calibre de...
leer másDo 22 de marzo ao 5 de abril estará aberta a inscrición para participar no XIV Ribadeo de Tapeo, que se celebrará do 11 ao 19 de maio. O formato do concurso será o mesmo dos últimos anos, segundo explicou hoxe a concelleira de Turismo e Comercio, Ana Martínez. Haberá un xurado profesional e o público tamén elixirá a mellor tapa. E o prezo destas miniaturas da cociña será de 1,50 euros.
A edil nacionalista contou que “un ano máis, xa ás portas da primavera e desde o Concello de Ribadeo queremos abrir o prazo para o Ribadeo de Tapeo, para a inscrición dos establecementos que queiran participar no Ribadeo de Tapeo, que xa vai pola súa edición número 14. Este ano as datas de celebración serán dende o 11 ata o 19 de maio. Todos os establecementos interesados en participar deberán inscribirse e poden facelo a partires de mañá mesmo, 22 de marzo...
leer másA Concellaría de Deportes abrirá o prazo de matrícula nas Escolas Deportivas Municipais de Inverno o vindeiro luns, 17 de setembro. As inscricións poden facerse ata o día 28 deste mes e a oferta desta tempada abrangue 13 modalidades deportivas. Son: fútbol, fútbol sala, patinaxe, natación, tenis, baloncesto, ximnasia rítmica, pádel, atletismo, tenis de mesa, hoquei liña, rugby e xadrez.
A cota por escola é de 60 euros. O pagamento da taxa deberá facerse efectiva na conta corrente do Concello, na entidade Caixa Rural, ata o 15 de outubro. O resgardo debidamente cumprimentado será entregado na Casa da Xuventude.
Os participantes serán nenas/os nadas/os desde 2005 ata 2014, ambos incluídos. Nas escolas con límite de prazas realizarase un sorteo entre os inscritos o día 2 de outubro, tendo preferencia as/os...
leer másA OMIX de Xove mantén aberto o prazo de inscrición para os obradoiros de longa duración nas modalidades de ioga, bolillos, bordado e bailes de salón. Ademais tamén está aberta a inscrición para os obradoiros do, aerobic e fitness, pilates e pilates para maiores de 50 anos.
O prazo para inscribirse nestes obradoiros remata o día 23 de setembro.
Tamén está aberto o prazo para apuntarse a informática ata o comezo do curso que será no mes de novembro. Por outra banda o período para anotarse na Escola de Maiores abrangue do día 15 ao 30 de setembro tendo que inscribirse na oficina da educadora familiar.
A ACD Xove abre o prazo de inscrición das Escolas Deportivas e Culturais para a tempada 2017-2018.
A asociación lembra que se pode descargar a folla na páxina de facebook, www.facebook.com/ACD XOVE/, e mandala por correo electrónico, entregala no buzón da ACD. Xove no pavillón ou na piscina municipal de Xove, ou ben facer a inscrición vía online a través da nova páxina web que estará operativa a partir do día 11 de setembro. A asociación comunica que aqueles que non se poidan inscribir por ningún deste medios teñen a opción de recoller a folla na piscina municipal e facer a súa entrega alí mesmo. A data tope de inscrición é o día 20 de setembro.
A ACD Xove oferta dez escolas deportivas nas modalidades de fútbol sala, baloncesto, patinaxe artística, karate, atletismo, tenis...
leer más