A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o 22 de setembro unha viaxe polas terras do alto Navia e do Eo.
O programa é o seguinte:
1. Grandas de Salime
• Visita guiada ao museo etnográfíco de Grandas de Salime.
• Visita guiada ao museo e o castro do chao de San Martín.
• Panorámica sobre o encoro de Grandas de Salime, paisaxes de engado.
Xantar
• Mesón A Reigada en Grandas de Salime.
2. Vilanova de Oscos
• Visita guiada ao mosteiro de Santa María en Vilanova de Oscos.
3.Taramundi.
• .Visita ao conxunto patrimonial e etnográfico de Taramundi.
O custo da viaxe é de 30 euros para socios e 33 euros para o resto dos inscritos, incluíndo o desprazamento á zona en autobús, o xantar e as entradas dos espazos a visitar. As persoas interesadas no mesmo deberán inscribirse antes do 7 de setembro no email apobadoarco@gmail.com ou no teléfono 608-555-010.