Do 22 ao 25 de agosto celebrarase en Foz a XXXIV Feira do Libro, a decana na Mariña e en Lugo e a terceira máis antiga de Galicia.

Hoxe presentouse a XXXIV Feira do Libro de Foz, a decana na Mariña e en Lugo e terceira máis antiga de Galicia. Vaise celebrar do 22 ao 25 de agosto na praza Conde de Fontao en horario de 17:30 a 22:00 horas. A inauguración terá lugar o 22 ás sete da tarde. Actuará o grupo O Feitizo e o pregón correrá a cargo de Antonio Reigosa. 

Durante os catro da días haberá presentacións, sinaturas de libros e tamén actuación musicais. No peche da feira o 25 de agosto ás nove da noite actuará a Banda Municipal de Música de Foz. 

Á presentación, que tivo lugar esta mañá no Concello, asistiron o alcalde, Fran Cajoto, a xefa territorial de Cultura da Xunta de Galicia, María José Gómez, en representación da Federación de Libreiros de Galicia, Cielo Fernández, e o concelleiro de Cultura focense, Héctor Morís.