O CCA focense organiza a décima edición da Festa da Cociña Afrodisíaca, que se celebrará do 14 ao 16 de febreiro. Unha ducia de locais hostaleiros ofrecerán tapas afrodisíacas ao prezo de 1´5 euros. Entre as propostas que poderemos atopar non faltarán propostas elaboradas con ostras, fresas, chocolate, algas, aguacate ou améndoas, entre outras. Os locais participantes son: A Ribeira, A Funcional, O Lar, Cafetería Mayros, Xoyma, Anduriña, Portochico, Casa Damián, Tangarte Mariñeiro, Tangarte Mesón, Brasas e Hotel Oca.
E tamén haberá doces afrodisíacos en Foz desde mañá, día 13, e ata o vindeiro domingo, que elaborarán as pastelerías Amarena, Anduriña e Xoyma e que venderán ao prezo de 2 euros.
Por outra banda, moitos establecementos hostaleiros contarán con menús especiais para celebrar San Valentín ás comidas e ás cenas durante a vindeira fin de semana.
A Festa da Cociña Afrodisíaca enmárcase na campaña de San Valentín de ACIA/CCA de Foz, que sorteará 500 euros en premios. Na cita participan un total de 77 comercios e as persoas que realicen as súas compras neses establecementos recibirán papeletas para entrar no sorteo, que se celebrará o 17 de febreiro (luns), a través de Radio Foz. Os premios consistirán nun vale de compra de 200 euros e outros seis de 50 euros cada uno.