A asociación cultural A Pomba do Arco organiza un ano máis o Touporroutou, unha das actividades máis arraigadas do entroido en Foz.
As persoas interesadas en presentar as súas coplas poden depositalas nas caixas instaladas no Bar Acuario, Anduriña, Lar, Muelle Bar, Pachán, Cafetería May Ros, Ribeira, Barrilete, Eskina e Funcional.
A organización solicita aos focegos e focegas a súa colaboración, elaborando coplas e cantigas sobre os temas que consideren de interese, a fin de que esta actividade sexa realmente unha auténtica crónica da vida social de Foz ao longo deste último ano.
O Touporroutou celebrarase o domingo, 23 de febreiro, ás 20:30 horas no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz. O espectáculo correrá a cargo do grupo Touporroutou Teatro, as pandereteiras da Subela e o grupo de rock focego Os Quentaquis.