Entretemento
A Deputación de Lugo está a lanzar iniciativas nas redes sociais para fomentar o entretemento da veciñanza durante o confinamento nos domicilios derivado do estado de alarma decretado para conter a propagación do coronavirus. Unhas accións con carácter divulgativo que ensinan lugares da provincia achegando datos curiosos e apelando á participación mediante adiviñas ou preguntas abertas.
O Servizo de Audiovisuais da Deputación comparte nas súas redes sociais vídeos do programa denominado Descubrindo Lugo co obxectivo de dar a coñecer, a través de vídeos curtos, o patrimonio paisaxístico e cultural da provincia.Neste momento en concreto, “coa crise do coronavirus, o que queremos é abrir unha ventá virtual a todos os que nos seguen nas redes, a modo de paseos e visitas sen saír da casa e, ademais, é un bo xeito de ir tomando nota para cando...
leer más