Foz
A asociación Os Sendeiros de Foz participarán nunha ruta con motivo do V Día do Sendeirista de Galicia, organizado por Montañeiros Celtas, que discorrerá pola Serra do Galiñeiro o 3 de abril.
A saída de Foz será ás 6:00 horas e de Ferreira ás 6:15 h.
As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o martes 29 de marzo, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 38 euros para os socios federados, 42€ para os socios non federados e 46 euros para o socio temporal. Inclúese o bus e o xantar.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, pasaporte covid e mascarilla. A ruta de 14 quilómetros de recorrido ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na...
leer másO Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, arrancará este sábado coa proxección do documental “O Gran Camiño” en Foz, Sarria, Chantada, Vilalba e A Pobra do Brollón.
A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, convidou a “asistir a esta primeira proxección deste ciclo que leva o mellor da produción audiovisual galega por todo o país, e que tivo o seu xerme na liña de colaboración que establecemos coa Academia Galega do Audiovisual o ano pasado” e valorou que “a iniciativa permita achegar ás vilas e aos municipios máis pequenos propostas culturais de calidade”, agradecendo o apoio dos concellos e asociacións que colaboran nas proxeccións.
“O Gran Camiño”
Finalista dos XX Mestre Mateo na categoría de Mellor documental, o...
O Concello de Foz ultima os preparativos para celebrar a xuntanza dos maiores do municipio este sábado, día 26. O prazo para apuntarse remata mañá, mércores.
A concelleira de Servizos Sociais e Familia, Ana Rojo, explica que “o Concello de Foz está a rematar cos preparativos para celebrar o sábado día 26 a comida xuntanza en honra aos nosos maiores. É preciso sinalar que este evento no ano 2020 tívose que cancelar por motivos da pandemia, na previsión de contaxios, evitando así riscos innecesarios na propagación do virus. Despois destes dous anos tan duros de pandemia, sobre todo para a xente maior, agora que estamos todos vacinados da terceira dose e dado a baixa incidencia no noso concello, entendemos que debíamos retomar esta comida, como agradecemento ás persoas maiores do concello, recoñecéndolles a súa valía, polo que aportaron e...
leer másA vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, participou esta mañá na presentación da 7ª Semana das Artes Plásticas da Mariña Lucense, organizada polo colectivo Tá en Artes. No acto, celebrado na Sala de exposicións do Complexo Sargadelos de Cervo, presentáronse as distintas actividades que se realizarán nos vindeiros meses arredor de Quique Guerra, artista homenaxeado nesta edición, entre as que se atopan unha mostra antolóxica da súa obra, que se poderá ver neste mesmo espazo a partir do 1 de abril e unha exposición homenaxe coa participación de máis de vinte artistas, que se poderá visitar no Cenima de Foz desde o 7 de abril ata o 6 de maio.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo facilitará a participación do alumnado da comarcas nas actividades, financiando as viaxes dos grupos escolares ata o Cenima de Foz, onde poderán...
leer másTras a gran acollida o ano pasado, a Casa da Cultura volve a converterse nunha sala cinematográfica no que O gran camiño será a película encargada de inaugurar as proxeccións do Ciclo Premios Mestre Mateo, iniciando así unha andadura que nos achegará o mellor do cinema galego recente.
Oito proxeccións con periodicidade mensual e entrada de balde que arrancan neste mes co documental dirixido por Alba Prol e Raúl García.
O gran camiño narra a súa experiencia percorrendo as grandes rutas a pé do mundo: O Pacific Crest Trail, un dos sendeiros máis extremos dos EEUU, o Camiño Inca a Machu Picchu, a ancestral ruta de Kumano Kodo en Xapón e o Camiño de Santiago europeo. Unha viaxe de miles de quilómetros que trata temas universais como as fronteiras, o amor e o sacrificio, os conflitos sociais, a espiritualidade ou o...
leer másAciaFozCCA regalará 15 soldos por mercar en Foz. Son 6.000 euros en vales de compra os que destina ás campañas do día do pai e da nai. Todas aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados a AciaFozCCA desde o pasado 11 de marzo e ata o vindeiro 1 de maio entrarán no sorteo de 5 soldos mensuais de 100 euros e 10 soldos mensuais de 50 euros, que as afortunadas e os afortunados poderán gastar entre os meses de xuño e novembro.
Un total de 45 establecementos comerciais participan nesta importante campaña de AciaFozCCA. Son: Hola Ola, 5 Lobiños, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Dermoterapia Centro de Estética, Vas’s Outlet, Longarela, Chinela Nenos, Lourdes Moda Íntima, Chuvia, María Docampo, Ferretería Fuente, Kukadas, Electricidad Núñez, Tien 21, Alain Afflelou Centro Óptico, Xoguetería Bahía, Libraría Bahía,...
leer másBibiana Candia, autora da novela Azucre, vai estar o luns, 21 de marzo, na Mariña facendo unha dobre visita: na Biblioteca de Alfoz ás 18:00 horas e
na Librería Bahía, de Foz, ás 20:30 horas.
Segundo explica Cielo Fernández “este dobre encontro xurde da colaboración de dous clubs de lectura: o que dende hai xa dous anos está funcionando en Alfoz, promovido polo Concello, e A carón dos libros, o club que puxemos en marcha desde a Librería Bahía de Foz hai un mes”.
Os encontros organizados desde os clubs de lectura son abertos para todo o público.
Azucre é unha novela baseada no episodio histórico que foi a venda por parte dun potentado galego afincado en Cuba, Urbano Feijoo Sotomayor, de preto de 2.000 mozos galegos como escravos para traballar nas plantacións de caña de azucre....
leer másAciaFozCCA regalará 15 soldos por mercar en Foz. Son 6.000 euros en vales de compra ós que destina ás campañas do día do pai e da nai, que foron presentadas hoxe nun acto no que participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e o presidente da asociación empresarial focense, José Carlos Paleo.
Todas aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados a AciaFozCCA desde o 11 de marzo ao 1 de maio entrarán no sorteo de 5 soldos mensuais de 100 euros e 10 soldos mensuais de 50 euros, que as afortunadas e os afortunados poderán gastar entre xuño e novembro. José Carlos Paleo explicou que “quixemos facer esta campaña especial coa dobre celebración do día do pai e do día da nai para tentar dinamizar o noso comercio tanto nas compras...
leer másCatorce escolas de hostalería de Galicia, Asturias, País Vasco e Castela e León participarán no XIV campionato de baristas organizado polo IES de Foz, que se celebra este xoves e venres. Foi presentado hoxe, luns, no salón de actos do centro polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; a xefa territorial da Consellería de Educación, Mariña Gueimunde; o alcalde de Foz, Fran Cajoto; e o director do IES focense, Nicolás Asensio. No acto participou tamén o director do CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, Isidro Berdeal, xa que se aproveitou a presentación para inaugurar a food truck do IES de Foz, vehículo que foi acondicionado coa colaboración do centro de formación profesional ribadense.
O delegado da Xunta destacou que “es una muestra del gran trabajo que se hace a través de los centros, por parte de los profesores y de...
leer másO Concello de Foz conmemora o Día da Muller cunha concentración, o 8 de marzo, e dúas representacións teatrais, que serán os días 9 e 17 deste mes. Tamén haberá unha exposición con photocall de debuxos denunciando o maltrato cara as mulleres, realizados por alumnado do IES de Foz. O programa foi presentado hoxe, venres, polas concelleiras de Muller, Ana Rojo, e de Cultura, Inés López.
O martes 8 de marzo, Día da Muller, de 10:00 a 13:30 horas haberá puntos de información e realización de actividades de sensibilización e igualdade na praza do Concello e na Conde de Fontao, na Glorieta de Vilalba e no parque Martínez Otero. E ás 19:00 horas na Praza do Concello terá lugar a concentración con lectura dun manifesto e de textos de autoras galegas por parte do alumnado do IES de Foz ademais da solta de globos lilas.
E...
leer más