AciaFozCCA regalará 15 soldos por mercar en Foz. Son 6.000 euros en vales de compra ós que destina ás campañas do día do pai e da nai, que foron presentadas hoxe nun acto no que participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e o presidente da asociación empresarial focense, José Carlos Paleo.
Todas aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados a AciaFozCCA desde o 11 de marzo ao 1 de maio entrarán no sorteo de 5 soldos mensuais de 100 euros e 10 soldos mensuais de 50 euros, que as afortunadas e os afortunados poderán gastar entre xuño e novembro. José Carlos Paleo explicou que “quixemos facer esta campaña especial coa dobre celebración do día do pai e do día da nai para tentar dinamizar o noso comercio tanto nas compras para estas sinaladas datas como despois entre os meses de xuño e novembro. Temos que seguir facendo pobo e iso so se pode conseguir apostando polas compras no comercio de proximidade e apostando pola hostalería local para as nosas celebracións familiares”.
O alcalde, Fran Cajoto, sinalou que “desde o Concello colaboramos sempre coa AciaFozCCA para promocionar o comercio local, un comercio de calidade, en establecementos rexentados polas nosas veciñas e veciños. Desexamos moita sorte a tod@s, porque con estes premios gañamos tod@s”.
O sorteo dos 6.000 euros en vales de compra, divididos en 15 soldos, terá lugar o 4 de maio a través de Radio Foz.
Un total de 45 establecementos comerciais participan nesta importante campaña de AciaFozCCA. Son: Hola Ola, 5 Lobiños, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Dermoterapia Centro de Estética, Vas’s Outlet, Longarela, Chinela Nenos, Lourdes Moda Íntima, Chuvia, María Docampo, Ferretería Fuente, Kukadas, Electricidad Núñez, Tien 21, Alain Afflelou Centro Óptico, Xoguetería Bahía, Libraría Bahía, Ofifoz, N1 Zapatillas, Sueños, Vas’s, Viajes Rodríguez, Cenor Belianorte, Mercería Vera, La Flor Abulense, Xanela Agasallos e Complementos, Centro Óptico Eliseo, Salai Campo, Decoraciones Pura, Pastelería Anduriña, Ana Fabeiro Arte Floral, Unique 2, Calzados Pirde, Milar, Lencería Esther, Infotec, Living Sport, Librería A Rapadoira, Clínica Veterinaria Foz, Carnicería O Centiño, Amarena, Suministros Veipa e Estanco nº2 García Lorca.
AciaFozCCA conta para esta campaña co patrocinio do Concello de Foz e da Xunta de Galicia.