Viernes, 11 de Abril de 2025
exposición
16/01/2017
Ata o 25 de xaneiro pode visitarse na Casa da Cultura de Alfoz a exposición "Cartas de Amor" sobre a violencia de xénero. En horario de luns a venres de 16 a 20.30 e polas mañás en horario da cafetería, excepto os xoves.
Con esta exposición “preténdese establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella, e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas”, explican desde a Concellería de Igualdade e Benestar.
E engaden que “para iso propúxoselles a debuxantes que plasmasen nunha imaxe situacións ou momentos que considerasen como violentos entre adolescentes, co obxectivo de por de manifesto a necesidade de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella. Deste xeito, amósanse traballos...
leer más 26/12/2016
O Castelo de Alfoz acolle ata finais de xaneiro a exposición Colección de Xoguetes. A mostra, que se pode visitar na planta baixa do Castelo, recolle varias pezas que abranguen tipoloxías de xoguetes tan dispares como medios de transporte, instrumentos musicais ou aparellos de cine. É unha fermosísima colección doada polo químico de raíces chairegas José Luis Basanta Campos ao Museo Provincial de Lugo.
As 40 pezas que compoñen esta colección, permiten achegarnos aos medios de xogo de hai décadas, entre os que se atopan xogos de mesa ou tradicionais e xoguetes ópticos. Entre os aparellos de cine pódense ver un zoótropo ou un Ombro Cinema, ademais de xogos de construcción e de taboleiro.
19/12/2016
Este domingo, 18 de decembro, inaugurouse a exposición titulada Andar cos tempos…ou de cómo cribar o gran para mañá, organizada conxuntamente polo Observatorio da Mariña pola Igualdade e o Concello de Ribadeo. Esta mostra pode visitarse na Oficina de Turismo en horario de atención ao público ata o 13 de xaneiro. Ao acto de inauguración asistiron o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e a concelleira de Turismo, Ana Martínez.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, salientou que “comisariada por Carme Campo e Chus Caramés, esta exposición pretende facer unha reletura do baile e da música tradicional enfocado desde a perspectiva de xénero. Carme Campo e Chus Caramés son educadoras no ámbito non formal e investigadoras do noso patrimonio cultural inmaterial, ademais son mestras de baile...
leer más 18/12/2016
Ata o 31 de xaneiro pode visitarse na sala de exposicións de Regalxunqueira, en Viveiro, a exposición titulada "Homes e Bestas. Tradición cabalar en Mondoñedo", de José Mª Álvez e Sergio López Maseda.
A mostra consta de 39 fotografías que recollen impactantes imaxes da rapa das bestas de Campo de Oso en Mondoñedo nos anos 70 e dende 1998 á actualidade. Tamén reflicten instantáneas da feira cabalar das San Lucas e da baixada dos cabalos do monte para as populares feiras mindonienses nos últimos anos. As fotografías recollen o traballo fotoxornalístico de José María Álvez Marciel dende a súa chegada á comarca da Mariña para traballar no diario El Progreso. Ademais a mostra tamén presenta instantáneas tomadas polo fotógrafo burelés Sergio López da rapa nos anos 70.
26/11/2016
A sala de exposicións do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos acollerá desde o vindeiro martes, día 29, ata o 20 de decembro unha mostra sobre o caricaturista José María Cao Luaces, nacido en Cervo no ano 1862. O acto, que se celebrará ás 18 horas, contará cunha conferencia do debuxante e pintor Siro. Está organizado pola Xunta de Galicia e o Concello de Cervo.
A exposición, que leva por título José María Cao Luaces, un galego patriarca da caricatura arxentina, xa estivo en Santiago, Pontevedra, Ourense, Vigo, Lugo, Melide e A Coruña. “Ten como principais obxectivos poñer en valor e dar a coñecer entre a cidadanía a obra e a figura deste destacado debuxante galego”, segundo explican os organizadores, que tamén destacan que “a mostra recupera a obra dun artista que contribuíu...
leer más 26/11/2016
A Casa da Xuventude acolleu a presentación das actividades que levará A Chocolateira do 3 ao 11 de decembro. A Chocolateira é un proxecto de innovación social organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración con La Caixa. Doce son as persoas que forman parte de A Chocolateira cun fin común, que é conseguir emprego e transformar realidades aportando os seus coñecementos e experiencias multidisciplinares. Un dos seus primeiros traballos será continuar coa recuperación da memoria histórica do antigo tren mineiro Ribadeo-A Pontenova, coñecido como A Chocolateira, que percorreu e axudou no crecemento da economía local.
Ao longo dos vindeiros días haberá unha exposición na antiga oficina de turismo, realizarase unha ruta de sendeirismo e unha manta solidaria, entre outras actividades, que...
leer más 28/10/2016
O Programa de Atención de Inmigrantes do Concello, como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, presenta unha exposición titulada Imaxes con Fondo.
Segundo explica a concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez, “dita exposición promove a reflexión e o pensamento crítico, así como o cambio de actitudes dentro da nosa sociedade por medio da palabra e da imaxe”.
A mostra poderá verse na Casa da Cultura ata o 13 de novembro e conta coas obras mais destacadas das presentadas ao concurso fotográfico Imaxes con fondo do 2012. “Nas fotografías quedan reflectidos aspectos sobre solidariedade interxeracional, aforro enerxético, respecto ao medio ambiente, consumismo occidental, prostitución, explotación laboral...
leer más 14/10/2016
O 15 de outubro ás 20:00 horas na sala de exposicións do complexo Regalxunqueira de Viveiro, terá lugar a inauguración da mostra de Xavier Magalhâes titulada A cor da paixón e a paixón pola cor.
Este pintor galego-portuxés, nado en 1953, mantivo unha grande amizade con Laxeiro con quen comezou a súa formación no mundo da arte e quen impulsou as súas primeiras obras que empezou a expoñer na década dos 90.
As obras de Xavier Magalhâes caracterízanse por ter sido traballadas con tintas de cores sobre papel utilizando pinceis anchos para conseguir trazos enérxicos. Con elo constrúe un mundo de figuras esquemáticas, de raíz neocubista e emparentadas coa pintura francesa de Grommaire.
A...
leer más 05/10/2016
A Mostra de Teatro Afeccionado e o Festival de Jazz xunto a actividades arredor do Samaín son algunhas das principais citas da programación da Concellaría de Cultura para o último trimestre do ano. As actividades foron presentadas este mediodía no salón de plenos por parte do responsable de Cultura, Farruco Graña, e da técnica este departamento, Neves Paz.
Farruco Graña comentou que “o outono é tempo de teatro despois dun verán de aire libre, de pasear e visitar moitas exposicións tanto na sala OMIC como no Forte de San Damián, agora toca recollernos un pouco que xa virán os rigores do outono e qué mellor maneira de facelo que escoitando e vendo teatro”.
O edil de Cultura lembrou...
leer más 04/10/2016
A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, o artista mindoniense Xosé Vizoso, autor da obra que se presenta, e o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, inauguraron este luns no Museo da Deputación a exposición de carteis que leva por titulo XoséVizoso, Carteis (1970-2015). que poderá verse ata o 30 de outubro. A entrada a esta exposición é gratuíta, e o horario para visitala é de luns a venres: dende 9:00 ata ás 21:00 horas. Os sábados de 10:30 a 14 horas e de 16:30 a 20 horas. E os domingos e festivos dende ás 11 ata ás 14 horas.
García Porto remarcou que a obra de Vizoso “forma parte da esencia da cultura galega. A súa inxente obra convérteo no cartelista vivo galego con máis recoñecemento grazas ao seu traballo constante e a súa...
leer más