AECC

Etiquetas:
29/08/2024

A Asociación Española Contra o Cancro en Lugo organiza un taller de ioga en Burela para pacientes e familiares. O Concello colabora coa AECC Lugo na organización deste obradoiro, que terá lugar todos os luns de 12:00 a 13:00 horas. Será na sala multiusos da Casa da Cultura de Burela con entrada de balde.

As inscricións poden facerse a través do número de teléfono 658.872.196 ou do correo electrónico lugo@contraelcancer.es.