Unha exposición, unha ruta de sendeirismo e a elaboración dunha manta solidaria son algunhas das actividades que A Chocolateira levará a cabo en Ribadeo do 3 ao 11 de decembro.

Unha exposición, unha ruta de sendeirismo e a elaboración dunha manta solidaria son algunhas das actividades que A Chocolateira levará a cabo en Ribadeo do 3 ao 11 de decembro.
 
A Casa da Xuventude acolleu a presentación das actividades que levará A Chocolateira do 3 ao 11 de decembro. A Chocolateira é un proxecto de innovación social organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración con La Caixa. Doce son as persoas que forman parte de A Chocolateira cun fin común, que é conseguir emprego e transformar realidades aportando os seus coñecementos e experiencias multidisciplinares. Un dos seus primeiros traballos será continuar coa recuperación da memoria histórica do antigo tren mineiro Ribadeo-A Pontenova, coñecido como A Chocolateira, que percorreu e axudou no crecemento da economía local.
 
Ao longo dos vindeiros días haberá unha exposición na antiga oficina de turismo, realizarase unha ruta de sendeirismo e unha manta solidaria, entre outras actividades, que foron presentadas esta mañá por Carmen Amor e Susana Álvarez, integrantes de A Chocolateira, que estiveron acompañadas pola Concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez.
 
A edil nacionalista manifestou: “estou moi orgullosa do seu esforzo porque se ben é un proxecto pioneiro e diferente, polo que quero agradecer aquí a posta en marcha á nosa técnica Mónica Barcia, porque realmente sae da súa cabeza esta idea, e penso que xa forma parte das ideas doutros concellos para levar adiante no resto de Galicia”.
 
A concelleira de Desenvolmento Local subliñou que “é un proxecto diferente porque o que busca é apostar polas persoas, non buscar un curso concreto de ensinar técnicas de emprego. Aquí vós os chocolateiros e as chocolateiras sodes parte activa, sodes a parte importante do proxecto e sodes vos quen facedes o proxecto. Nosoutros cremos que desde as administracións debemos buscar ese impulso, crear un novo contexto onde se valore e aposte polas persoas, que se busque o traballo en rede, o traballo colaborativo, que se busque un enfoque social tamén a esa idea de emprender e de traballar en común. Cremos que non soamente hai que buscar, que tamén, as habilidades persoais que tedes cada un para levar adiante o voso ideario de vida, o que queredes buscar no desenvolvemento persoal e laboral ao longo da vosa vida, senón que tamén é importante ter en conta Á sociedade, buscar o proxecto común e aquí é o que hoxe estamos a presentar”.
 
Ana Martínez manifestou: “non estamos a falar exclusivamente de A Chocolateira como un proxecto diferente na busca de emprego, senón que estamos a falar do voso esforzo colectivo que creo que é un reto moi importante, pero que tamén saca para adiante o voso esforzo persoal”.
 
Pola súa banda unha das promotoras deste proxecto, Susana Álvarez, explicou que “as actividades comezará o día 3 de decembro, cando inauguraremos unha exposición na antiga oficina de turismo. Aí exporemos unha maqueta da Chocolateira e obras tanto de carácter antigo, como poden ser documentos históricos cedidos por xente que ten coleccións privadas, ao igual que cousas con outra visión máis do agora. Contaremos con artistas coñecidos da zona, e a verdade é que paga moito a pena. Os debuxos dos nenos tamén estarán nese lugar e poderedes ir velos porque fixemos un traballo previo que foi contar uns contos tanto no Gregorio Sanz como no Sagrado Corazón de Xesús”.
 
Álvarez engadiu que “o día 4 de decembro imos saír de excursión. Haberá unha ruta de sendeirismo e hai que anotarse para ter sitio no autobús que irá ata San Tirso de Abres desde onde iremos camiñando ata A Pontenova. Alí teremos unha chocolatada grazas a Chocolates Moreno, que nos dá o chocolate e a Casa Quintián, que nos dá o leite. Seguiremos coa exposición ao longo de toda a semana, e o martes, día 6, ás sete da tarde no auditorio da Casa do Mar, estará Xosé Reigosa que porá o documental da Chocolateira que fixo hai anos. Contaranos as súas vivencias mentres o gravaba. Ademais todas as semanas seguimos tecendo vías solidarias e nexos de unión entre as persoas. Culminaremos o sábado 10 sobre ás once da mañá compoñendo esas mantas solidarias que imos doar para a loita contra o cancro, e o día 11 será a clausura. Esperamos que esta exposición poida ser itinerante, que alguén queira levala aos distintos Concellos, e que sigamos traballando por un futuro mellor para a nosa zona”.
 
Por outra banda a integrante do equipo promotor Carmen Amor asegurou que “lo que os podemos contar sobre este proyecto es que ha sido apasionante. Ha sido con un equipo de gente muy distinta, todos venidos de muchas actividades diferentes, pero hemos conseguido unirnos todos en una sola persona y hacer que este proyecto vaya adelante con muchísima ilusión, y contando también con muchísima gente que nos ha respaldado”. Carmen Amor salientou que “es un proyecto muy divertido además del reto personal que podamos tener, podría hacerse un compendio. Esto sería un reto ya no solamente personal, es colectivo pero está aunando también el personal”.
 
A Chocolateira conta coa colaboración dos Concellos de A Pontenova, Trabada, Vegadeo, San Tirso de Abres e Ribadeo, así como de Chocolates Moreno, Casa Quintián e Katia. O proxecto está patrocinado por La Caixa.