Ata o 13 de novembro pódese visitar na Casa da Cultura de Burela a exposición "Imaxes con fondo", do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Ata o 13 de novembro pódese visitar na Casa da Cultura de Burela a exposición "Imaxes con fondo", do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
 
O Programa de Atención de Inmigrantes do Concello, como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, presenta unha exposición titulada Imaxes con Fondo. 
 
Segundo explica a concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez, “dita exposición promove a reflexión  e o pensamento crítico, así como o cambio de actitudes dentro da nosa sociedade por medio da palabra e da imaxe”. 
 
A mostra poderá verse na Casa  da Cultura ata o 13 de novembro e conta coas obras mais destacadas das presentadas ao concurso fotográfico Imaxes con fondo do 2012. “Nas fotografías quedan reflectidos aspectos sobre solidariedade interxeracional, aforro enerxético, respecto ao medio ambiente, consumismo occidental, prostitución,  explotación  laboral...”, engadiu a edil socialista.
 
No marco desta actividade tamén terá cabida un Obradoiro de Fotografía Social, que se celebrará o dia 11 de novembro.