exposición
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, inaugurou a mostra Maruja Mallo, Vinte Almas, que estará exposta ata o 3 de setembro na Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo. Fíxoo acompañado de compañeiros do Goberno Provincial; aConcelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez; e o Comisario da mostra, Eduardo Valiña. Esta exposición forma parte da programación de actividades que o Executivo da Deputación ofrece con motivo de que a Real Academia Galega de Belas Artes decidiu homenaxear polo Día das Artes Galegas, á artista lucense Maruja Mallo.A exposición conta coa colaboración da Fundación Eugenio Granell, a Fundación Abanca, Afundación, a Fundación Luís Seoane, ademais de particulares entre os que destaca a colección de Vázquez Cereijo-Anne Nikkitik.
Campos Conde subliñou que “hoxe é un día de celebración para todos nós pois...
leer másA sede da Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle durante as próximas –ata o día 29- e dende onte, unha exposición colectiva coa obra de nove artistas vinculadas á Mariña. As autoras participantes son Cristina Basanta, Lucía Catuxo, Zilí Katova, Renata Otero, Alicia Puchades, Pilar Rei, Eva Rivas, Laly Santos e Lucía Vila.
A exposición Ser visibles. Escoitar imaxes, retratar palabras, tivo o seu xerme o pasado mes de abril na Semana das artes plásticas da Mariña celebrada no Cenima de Foz, e trasládase agora á capital para “continuar reivindicando o traballo destas artistas”, segundo afirmou o delegado territorial.
Balseiro incidiu na necesidade de “estender a visibilidade da muller en todos os campos de actividade, entre eles como creadora e como motor das industrias culturais de Galicia”.
... leer másO Concello de Cervo intensifica a actividade cultural de cara ao verán prestando especial atención á dinamización das diferentes salas expositivas coas que conta o municipio.
Así o sinalou a edil de Cultura, Dolores García Caramés, durante a inauguración da mostra fotográfica Galicia Latente, de Eduardo Martís, que se poderá visitar ata o vindeiro 21 de xuño, na sala de exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián.
A mostra está formada por 35 instantáneas que representan con especial sensibilidade a etnografía de Galicia e que é o froito dun traballo do autor de catro anos nos que estivo percorrendo os diferentes concellos e cidades da Comunidade.
Caramés sinalou que un dos obxectivos do Concello de Cervo “é darlle dinamismo ás salas expositivas coas que contamos, e a nosa idea e que estean sempre vivas,...
leer másO alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, inaugurou a exposición de fotografías e cerámica titulada Misturas, que está aberta ao público no Cenima ata o día 30 deste mes.
A mostra, que está incluída na programación cultural do Concello focense, inclúe cerámica creada por Xela Area Pesquera e fotografías de Xulio Montero Cabrera.
A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e o viñetista, Luis Davila, O Bichero, presentaron no Museo do Mar, a exposición/obradoiro Humor do país, que estará exposta ata o 31 de xullo no museo que está situado en San Cibrao, no Concello do Cervo.
O Museo do Mar, acolle viñetas de Luis Davila, que versan sobre distintos temas de actualidade, como a sanidade, o turismo, a educación, ou a igualdade, entre outros. Este conxunto de obras, forma parte dunha exposición colectiva do debuxante e humorista galego, que reune ilustracións do autor nos 4 museos da Rede Museística da Deputación.
A colección do famoso viñetista, está enmarcada dentro da programación, que o Goberno da Deputación ofrece, de xeito gratuíto, durante o mes de maio, co gallo do Día Internacional dos Museos, que se celebrou o 18...
leer másA Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este martes no Claustro do Museo Provincial de Lugo, a programación de actividades, que o Goberno da Deputación ofrece, de xeito gratuíto, durante o mes de maio, co gallo do Día Internacional dos Museos, que se celebra o vindeiro 18 de maio.Este ano o lema escollido polo ICOM Internacional, éMuseos e historias controvertidas. Dicir o indicible en museos.Con esta iniciativa, o Consello Internacional dos Museos, busca que os Museos establezan un diálogo entre distintos interlocutores e exerzan un papel activo, e no seu caso reconciliador cos feitos e historias traumáticas, memorias feridas, do pasado.
García Porto destacou que “durante todo o mes de maio, o Goberno da Deputación, ofrece gratuitamente, actividades, obradoiros ou exposicións, dirixidas a todas as idades,...
leer másDurante as fins de semana do mes de maio, en horario de 11 a 14 e de 16 a 20, poderase visitar no primeiro andar do Castelo do Castrodouro a exposición titulada "Galicia, Biodiversidade" cedida polo CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia.
A través desta exposición poderase coñecer a diversidade de especies animais e vexetais que se poden atopar en Galicia, os ecosistemas que habitan, e as múltiples formas de ameaza que poden afectar ás súas poboacións.
Nela atoparanse as principais especies galegas de flora e fauna, as súas características, os factores que poñen en perigo a súa supervivencia e as ferramentas que existen hoxe en día para a súa protección. E tamén coñecer a importancia que ten a conservación das variedades xenéticas para a actividade humana.
Ata o 15 de maio pódese visitar na oficina de turismo de Ribadeo a exposición Manuel Rodríguez López, emigrante galego, poeta obreiro, que foi inaugurada esta tarde polo concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e por Antonio Xiz, de Galicia Dixital.
O edil nacionalista dixo que “ata un luns 15 de maio imos poder contemplar unha exposición sobre a figura de Manuel Rodríguez López, emigrante galego e poeta obreiro. Consta dunha serie de paneis moi vistosos e agradecidos á vista, posto que están ben deseñados, con moita fotografía, moita imaxe e a súa correspondente dose de texto ben dosificado para coñecer e adentrarnos tanto na obra literaria como na figura social e cultural de Manuel Rodríguez López: un lucense de Paradela que emigrou a Cataluña nos anos 60 e 70 e dalgunha maneira era o embaixador de Cataluña para as xentes de Lugo centro,...
leer másDurante a Semana Santa e fins de semana do mes de abril, o Castelo do Castrodouro en Alfoz acolle a exposición titulada O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción.
Esta mostra sobre o cambio climático é cedida polo CEIDA – Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, e está baseada no proxecto Clarity –Acción Educativa por el Clima- que pretende contribuír ao coñecemento do fenómeno do cambio climático, as súas causas e as respostas que se están propoñendo para facerlle fronte.
A produción da exposición correu a cargo do CEIDA e INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvementol Sostible, o Ministerio de Medio Ambiente, a Alianza del clima e a...
leer másA Biblioteca Pública Municipal organiza unha exposición para celebrar o día do libro. Poderase visitar desde hoxe, 30 de marzo, e ata o 29 de abril no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de luns a venres en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 19 horas. Durante a Semana Santa os días 10, 11 e 12 de abril o horario será de 9:30 a 15:00 horas.
Esta actividade foi organizada para celebrar o día internacional do libro infantil e xuvenil, que ten lugar o 2 de abril, e o día internacional do libro, que será o día 23. Desde a Biblioteca Pública Municipal animan a nen@s e adultos a ler e a visitar esta mostra. E lembran que “nas nosas instalacións atoparán interesantes novidades, así coma os libros máis lidos”.
Ademais o vindeiro martes, 4 de abril, ás once da mañá o grupo Lucusneda – Guagua Teatro representará Lúa en vila dos libros,...
leer más