O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, inaugurou a exposición de fotografías e cerámica titulada Misturas, que está aberta ao público no Cenima ata o día 30 deste mes.
A mostra, que está incluída na programación cultural do Concello focense, inclúe cerámica creada por Xela Area Pesquera e fotografías de Xulio Montero Cabrera.