O Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro organiza o Desfile de Entroido que se celebrará o domingo, 11 de febreiro, a partires das 17:00 horas. A saída será do Parque e percorrerá as rúas da vila para rematar no pavillón municipal onde terá lugar unha festa, amenizada polo grupo Tribal, na que se entregarán os premios do desfile.
Os premios serán de 300 euros para o primeiro na categoría de Adultos Grupo, 175 euros para o segundo e 50 euros para o terceiro. En Adulto Parella o primeiro recibirá 170 euros e 120 euros o segundo. En Adulto Individual o primeiro premio será de 150 euros e o segundo de 100 euros. Na modalidade de Infantil Grupo o primeiro recibirá 200 euros, 150 euros o segundo e 100 euros o terceiro. En Infantil Parella o primeiro premio será de 120 euros, de 90€ o segundo e 70 euros o terceiro. E en Infantil Individual o primeiro terá 100 euros, 70€ o segundo e 50 euros o terceiro.
As inscricións para participar no desfile poden facerse nas oficinas do Centro Socio-Cultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo de O Valadouro ata o día 11 de febreiro, en horario de 9:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas de luns a venres, e de 10:00 a 13:00 horas os sábados. O día do desfile as inscricións poderán facerse no local social do parque Concepción Arenal entre as 15:30 e as 16:30 horas.
O Entroido en O Valadouro rematará o venres 16 de febreiro coa celebración do Enterro da Sardiña. Ás 20:00 horas sairá a comitiva fúnebre desde o Parque pasando pola Veiga, Avenida Viveiro e Andrés López Palmeiro ata a Praza, onde terá lugar o xuízo coa lectura das coplas e críticas recollidas nos locais hostaleiros entre os días 9 e 15 de febreiro. O Enterro da Sardiña estará amenizado cos pasarrúas de Festicultores Troupe.