O 11 de febreiro terá lugar o Festival de Entroido Infantil e Xuvenil 2018, que organiza o Concello barreirense a través da Concellería de Cultura e da Oficina Municipal de Infomación Xuvenil.
Ese día de 17:30 a 20:15 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro haberá baile, música e desfile de disfraces infantil e xuvenil con premios para os disfraces individuais, parella e grupo e tamén agasallos para todos os participantes. Os rapaces e rapazas asistentes gozarán tamén da actuación de Chrystian Magic. A festa contará coa animación e o acompañamento dos cabezudos.
Desde o Concello animan a nen@s e rapaces a asistir a esta cita co Entroido en Barreiros.