Encontro
O día 7 de outubro vaise celebrar en Xove o VIII Encontro de Palilleiras.
A Concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, ven de abrir o prazo de inscrición para participar neste encontro. Todas as persoas interesadas poderán anotarse chamando ao número de teléfono do Concello 982 59 20 01, á profesora de bolillos Mercedes Barro ao 679 894 219, ou á profesora de bordado Carmen García ao 982 59 26 86. O prazo de inscrición remata o 18 de setembro.
Ademais continúa aberta na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo de Xove, a exposición Coas nosas mans X, organizada pola Concellería de Servizos Sociais. Trátase dunha mostra de traballos de bordado e bolillos que se clausurará o 24 de agosto.
A basílica de San Martiño acollerá este sábado, día 17, a décimo primeira edición do encontro internacional de corais Villa de Foz, que organiza a coral polifónica focense e que conta co patrocinio do Concello.
A partir das 19:30 horas a Coral Polifónica de Foz actuará xunto ás agrupacións Coral Erreniega, de Cendea de Cizur (Navarra) e Grupo Coral David de Sousa, de Figueira da Foz (Portugal).
Cada unha das tres corais interpretará cinco cancións e ao final do encontro as tres formacións cantarán conxuntamente O Voso Galo, peza que dirixirá a titular da coral de Foz, Carmen Alonso.
O colectivo Chilindrín Penalba celebra o décimo aniversario dos seus encontros anuais o día 3 de xuño.
Esta xuntanza de xente de Celeiro celebrarase nunha cea-baile que terá lugar o sábado 3 de xuño, no restaurante Louzao en Area, ás 22:30 horas.
As entradas a un prezo de 40 euros, están á venta no Bar Rolindes en Celeiro ata o 1 de xuño.
O colectivo Chilindrín leva a cabo a campaña de promoción deste evento baixo o lema Todo o que entre na rede é peixe, e convida a todos a participar nesta festa que conmemora o décimo encontro anual dos seus soci@s.
Cervo acollerá o XIV Encontro de Palilleiras este vindeiro sábado, 1 de abril. Operarios municipais están a traballar estes días na posta a punto das instalacións, adecuando o pavillón da Veiga de San Ciprián que albergará o evento, para que as palilleiras poidan traballar coa máxima comodidade.
Tamén se instalou, así mesmo, unha carpa de gran tamaño na que se ubicarán medio cento de postos de venda de produtos relacionados coa actividade, procedentes de todo o territorio nacional, que están cubertos xa dende hai semanas.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil delegada de Muller e Igualdade, Pilar Armada, estiveron supervisando os traballos de acondicionamento que avanzan a bo ritmo, e xa anunciaron que se tivo que pechar a inscrición “porque o aforo do pavillón está completo con máis de 700 encaixeiras...
leer másEste mediodía foi presentado no salón de plenos do Concello o X Encontro de Palilleiras que terá lugar o día 13 de maio, organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras As Encaixeiras. Estiveron presentes nesta presentación xunto ao alcalde, Alfredo Llano, os concelleiros de Mar e Cultura, Patricia Otero e José Díaz, respectivamente, así como representantes de Absa, da Confraría de Pescadores e da Fundación Expomar.
Este encontro de palilleiras desenvolverase no porto de Burela onde se inaugurará ás 11:30 horas. Posteriormente procederase a unha degustación de empanada de pescada, que dará comezo ás 12:00 horas, así como unha viaxe ao Monte Castelo e á igrexa de Vila do Medio. Tamén haberá unha actuación de baile e canto tradicional a cargo de Arume.
O horario do X Encontro de Palilleiras será de 10:00 a 13:30 horas, e pola tarde de 16:00 a 19:...
leer másO Concello de Cervo celebrará XIV Encontro de Palilleiras o sábado 1 de abril.
Así o desvelaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil delegada de Muller e Igualdade, Pilar Armada, na presentación do evento, que tivo lugar na Casa do Mar de San Ciprián, onde tamén estiveron presentes mulleres integrantes de diferentes asociacións de palilleiras e bolillos da localidade.
Villares sinalou que se trata dun “evento máis que consodidado en Cervo, que cada ano atrae a milleiros de visitantes ao noso Concello, que se convirte esa fin de semana na capital deste arte, unha tradición artesanal que cremos primordial que se manteña viva con encontros como o que levamos celebrando durante 14 anos en San Ciprián”.
Así, -engadiu- “estimamos que serán máis de 700 as palilleiras as que se achegarán ata Cervo ese día...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- siguiente ›
- última »