Do 21 ao 25 de marzo terá lugar en Xove o XXVI Curso de Música Semana Santa 2016, que organiza PrestoXove coa colaboración do Concello e a Área de Cultura de Deputación.
Participarán como profesores invitados: Nazaret Canosa, violín; Angel Leitao, contrabaixo; e Alejando Valcárcel, fagot. O curso está dirixido por Xan Carballal, que compareceu na presentación acompañado polo alcalde xovense, Demetrio Salgueiro, e pola concelleira de Cultura, Dolores Meitín.
No centro cívico de Xove haberá un concerto de cámara o día 24 ás seis da tarde e o concerto final será o día 25 á mesma hora.