A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto Aquí como en Viena o 30 de decembro. Incluirá interpretacións peculiares e sorpresas.

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto Aquí como en Viena o 30 de decembro. Incluirá interpretacións peculiares e sorpresas.
 
O tradicional concerto Aquí como en Viena, que cada ano ofrece a Banda Municipal de Música de Ribadeo, terá lugar o venres 30 de decembro ás 21:00 horas no Cine Teatro de Ribadeo. A actuación incluirá interpretacións peculiares e sorpresas.
 
O director da Banda, David Ballester, anunciou hoxe que “o venres 30 de decembro terá lugar o xa tradicional concerto Aquí como en Viena da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Será no Cine Teatro ás nove da noite. Sempre facemos algo especial neste concerto e este ano a primeira parte vai estar composta por cinco pezas, das cales catro serán interpretadas por primeira vez pola Banda. Son pezas peculiares xa que nunha delas vai haber dous solistas, Bruno Maseda e Carmen López, tocando con papel de lixa”.
 
David Ballester engadiu que “despois vai haber un concerto para triángulo no que o solista vai ser un integrante que empeza nesta actuación a formar parte da Banda, que é Carlos Villar. Isto na primeira parte, da que tampouco quero desvelar moito máis, pero vai haber sorpresas e obras coñecidas. E na segunda parte, como sempre, ofreceremos obras típicas que se tocan no concerto de Aninovo en Viena, como polkas e valses, e tamén algunha sorpresa máis”.
 
Ballester quere “animar á xente que vai estar estas datas tan especiais por Ribadeo a que se achegue o día 30 de decembro ás nove da noite ao Cine Teatro a gozar deste concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo”.