A Comunidade de Montes de Cangas de Foz organiza unha comida de cocido galego o 22 de febreiro

A Comunidade de Montes de Cangas de Foz organiza unha comida de cocido galego para o día 22 de febreiro, sábado.

As actividades comezarán ás 12:30 horas, con misa na igrexa parroquial. A comida será no Centro Social desde as 14:00 horas e o evento estará amenizado coa música do dúo Principal.