Charla
A asociación cultual A Pomba do Arco organiza o mércores, 13 de xuño, ás 20:30 horas no salón de actos do Cenima, unha palestra sobre as formacións xeolóxicas da Mariña que correrá a cargo do xeólogo Xoán Ramón Vidal Romaní.
O conferenciante é un dos grandes coñecedores dos estudos xeolóxicos en Galicia e con diversos traballos sobre a realidade xeolóxica da comarca da Mariña. Destacan, entre os seus traballos recentes, as súas investigacións sobre a formación da Praia das Catedrais, e é autor de diversos estudos encargados pola Xunta de Galicia para analizar a situación do conxunto natural.
Xoán Ramòn Vidal Romaní, profesor emérito de xeoloxía na Universidade da Coruña e membro numerario da Real Academia Galega das Ciencias, fará un repaso pola historia xeolóxica da Mariña, significando aquelas formacións...
leer másRibadeo acolle a celebración dunha charla informativa sobre a tenza responsable de animais domésticos. Terá lugar o vindeiro xoves, día 24, no auditorio municipal Hernán Naval, ás 19:30 horas.
A charla será impartida por Virginia Torrecillas, educadora canina, e Irene Torres, avogada especialista en dereito animal, que falarán sobre as obrigas dos propietari@s de animais domésticos para evitar as sancións previstas polo incumprimento da lei. A entrada é libre e gratuíta.
Estas xornadas están organizadas pola Deputación de Lugo, Os Arcares Lucenses e a Reserva da Biosfera Terras do Miño e colaboran o SEPRONA, a Policía Autonómica e a Policía Local.
A mesma charla terá lugar en Viveiro o mesmo 24 de maio ás 16:30 horas na sala de exposicións / biblioteca municipal.
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o xoves, 24 de maio, ás 20:30 horas, unha charla no Centro Social “A Saíra” de Nois, titulada “A propiedade da terra en Nois”, que correrá a cargo do estudoso local Antonio Sixto.
A palestra de Antonio Sixto, acompañada dunha introdución de Xoán Ramón Fernández Pacios, pretende achegarnos a unha etapa da historia de Nois, concretamente a aquela na que os veciños da localidade se fixeron donos da propiedade da terra.
A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá unha xornada informativa na que terá lugar a Presentación de aplicacións móbiles útiles para o sector agrogandeiro. Será o 14 de maio.
A actividade desenvolverase en horario de 16:00 a 17:00 horas, e retransmitirase mediante vídeo conferencia en conexión co CDTIC de Santiago. Esta xornada ten carácter gratuíto e é de acceso libre.
Na sesión informarase sobre un software de xestión orientado aos traballadores do sector agrogandeiro. Farase unha introdución á xestión dunha explotación gandeira con AinfoVac e á xestión de cultivos con AinfoHor. Presentaranse ademais as vantaxes de empregar as ferramentas informáticas para a xestión, control e a comunicación das actividades vinculadas ao agrogandeiro introducindo as novas tecnoloxías e o software libre nas empresas deste...
leer másSeguen as charlas, organizadas pola Concellaría de Igualdade e polo CIM, durante o mes maio nas que se abordarán cuestións como o impacto emocional da diagnose oncolóxica e a sexualidade e o cancro.
Desde a Concellaría de Igualdade explican que “o día 7, o vindeiro luns, ás 18:00 horas no Teatro a psicóloga da Asociación Española contra o Cancro de Lugo, Carmen Rubiños, falará do Impacto emocional da diagnose oncolóxica, como xestionala a propia persoa e os seus familiares. Tamén se informará do novo servizo de atención psicolóxica gratuíta a pacientes oncolóxicos e ás familias na Mariña lucense, situado en Burela, que ven de poñer en marcha a AECC”.
A seguinte e última conferencia deste ciclo será o 31 de maio.
As charlas, subliñan desde Igualdade, son abertas a toda a cidadanía. ...
leer másEste xoves, 19 de abril, terá lugar na Librería Bahía de Foz, unha charla-coloquio titulada "Luto en colores, repensar la muerte para celebrar la vida", e ao mesmo tempo presentarase o conto "La vida de Sira, 9 meses y 40 minutos", baseado nunha historia real.
Esta charla está organizada pola asociación Luto en colores que vai dar unha serie de charlas por Galicia para presentar o seu traballo e visibilizar o tema da morte e o luto, facendo especial fincapé nas mortes máis duras de asumir como poden ser os suicidios ou a morte de pequenos.
Librería Bahía organiza esta actividade ao entender que é un tema moi sensible, central dentro da vida das persoas, sobre todo das que sufriron unha perda especialmente dolorosa, e considera que é moi importante crear espazos nos que se poida falar, compartir e dar saída ás...
leer másA asociación Nordés Faladora organiza este sábado, 24 de febreiro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura de O Vicedo, unha charla sobre a orixe da toponimia e a microtoponimia neste concello.
A conferencia correrá a cargo de Xosé Luís González quen, para loitar contra a perda da microtoponimia a causa da despoboación do rural e do éxodo á cidade, creou unha serie de bitácoras on line que buscan conservar e explicar a orixe dos nomes de camiños, partes dunha aldea, montes, parroquias e regos dos concellos da Mariña e do Ortegal.
A Aula CEMIT do Concello de O Vicedo acolle o 5 de marzo, unha charla sobre os dereitos das persoas usuarias dos talleres de reparación de vehículos. Terá lugar na Casa da Cultura entre as 11:00 e as 12:00 horas.
Esta charla, impartida pola Escola Galega de Consumo, exporá os dereitos e deberes d@s usuari@s dos talleres de reparación de vehículos, así coma unha serie de recomendacións a ter en conta.
As persoas interesadas en obter máis información ou inscribirse deben dirixirse á Aula CEMIT de O Vicedo, sita na Casa da Cultura, en horario de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres. O número de teléfono é o 982 590 195 e a dirección de correo electrónico cemit.ovicedo@xunta.es
A Concellería de Mar organiza unha conferencia sobre a vixilancia na franxa litoral durante o século XVIII, que terá lugar o vindeiro día 23 deste mes.
Esta charla, titulada Os postos de vixilancia na Galicia Cantábrica, Século XVIII, será ofrecida por José María Leal Bóveda e celebrarase no Salón de Conferencias (antiga Biblioteca) ás 18:00 horas.
José María Leal é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Oviedo, doutor en Xeografía pola USC, máster en Xestión do Patrimonio Cultural e membro de numerosos colectivos. Entre as moitas publicacións das que é autor figuran: Hórreos, molinos y fuentes de la tierra de Viveiro, As construcións do ciclo do pan na Mariña de Lugo e O hórreo na Mariña de Lugo. Proposta para a súa catalogación, restauración e posta en valor. O caso de Foz.
A Xunta e a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo (APEHL) organizan para os vindeiros días charlas informativas en Viveiro, Lugo e Monforte de Lemos, co fin de achegar ao axentes do sector turístico detalles das distintas liñas de axudas ás que poden optar.
A primeira destas charlas terá lugar o luns, día 29, na Delegación da Xunta en Celeiro (Viveiro). O mércores 31 celebrarase o acto na Delegación Territorial da Xunta en Lugo, e para rematar o martes 6 de febreiro convócase ás persoas interesadas á xuntanza no Centro do Viño, en Monforte de Lemos.
Todas elas comezarán a partir das 18.00 horas, e contarán coa participación do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e o presidente da APEHL, Cheché Real. Técnicos da área de turismo encargaranse de desgranar os diferentes...
leer más