Charla
A Casa da Cultura de Foz acolle unha charla sobre consumo este venres, día 20, ás 17:30 horas. O título desta actividade é Este Nadal menos é máis. Por un consumo responsable.
A concelleira Verónica Peña explicou que o obxectivo da charla, que dará unha técnica de Consumo da Xunta de Galicia, é “saber os dereitos que temos os consumidores, as garantías e as vías de reclamacións que hai cando un produto non sae como esperamos”.
O concelleira focense anima aos veciños a “avanzar nunha senda sostible, tamén en materia de consumo, e para elo existen formas de actuar como mercar no comercio local ou actuar de forma reflexiva á hora de comprar, optando por una opción sostible sempre que sexa posible”.
O auditorio da Casa da Cultura acollerá mañá, martes, ás 17:30 horas, unha charla sobre a prevención da gripe que contará coa intervención dos facultativos Raquel Barbosa e José Manuel Suárez, médicos preventivistas dos hospitais Lucus Augusti e Público da Mariña, respectivamente.
A charla está organizada polo Centro de Saúde de San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo e dos Servizos de Medicina Preventiva do HULA e do Hospital Público da Mariña.
O vindeiro 15 de outubro terá lugar na Casa da Cultura de Foz unha xornada sobre hábitos saudables no comercio de proximidade. Será ás 20:30 horas. Está organizada pola Federación Galega de Comercio, que conta coa colaboración do Centro Comercial Aberto e co financiamento da Xunta de Galicia.
Nesta cita preténdese sensibilizar en materia preventiva a empresarios e traballadores, reforzando as medidas xa establecidas por lei, achegando información sobre os riscos específicos do sector, sobre os derivados do uso das novas tecnoloxías e fomentando os hábitos saudables.
A asistencia á xornada é gratuíta. É necesario inscribirse antes do día 10 chamando ao teléfono 982 13 27 51 ou no correo electrónico aciafoz@gmail.com. Os asistentes, si o desexan, recibirán un certificado de...
leer másO Concello de Cervo e a asociación Mariña Patrimonio organizan un acto divulgativo sobre a Sauna do Castro da Atalaia, que se celebrará este martes, 6 de agosto, na Casa da Cultura de San Ciprián, ás 20:00 horas.
Intervirán o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o arqueólogo Emilio Ramil. O rexedor falará sobre as xestións que o Concello leva feito para protexer esta xoia arqueolóxica, así como dos pasos para recuperar este importante ben patrimonial. O arqueólogo Emilio Ramil, que dirixiu a intervención arqueolóxica, informará do que se coñece a día de hoxe sobre esta monumental sauna da Idade do Ferro, redescuberta recentemente no transcurso dunhas obras de mellora nunha rúa da Atalaia.
A Asociación Cultural Cultura do País, con local social no Carril das Hortas da cidade de Lugo, preséntase no Valadouro cunha disertación sobre a tradición do Antroido na comarca valeca.
O dramaturgo Manuel Lourenzo será o encargado pronuncie a conferencia intitulada “O Antroido tradicional no Valadouro” o vindeiro venres, 2 de agosto, ás 19:00 horas.
A cita terá lugar na Casa da Cultura que leva o nome do escritor, no local anexo ao vestíbulo. Previamente, terá lugar unha breve presentación dos obxectivos de Cultura do País, un colectivo que se asenta na comarca logo de que varias persoas de Alfoz e Ferreira creasen un grupo estábel.
Fillo predilecto do Valadouro desde hai unha década, Manuel Lourenzo inaugura o proxecto cultural na comarca, exercendo como mestre de cerimonias na...
leer másEl doctor Manuel Antonio Botana, especialista en Endocrinología y Nutrición, ofrecerá una charla sobre la diabetes en el Centro Sociocomunitario de Ribadeo, que está en la calle Ibáñez, detrás de la casa consistorial, este miércoles, día 8, a las 16:30 horas. Este acto es abierto al público y está dirigido a toda la población.
Manuel Antonio Botana es licenciado en Medicina y doctor por la Universidad de Santiago, especialista en Endocrinología y Nutrición (residencia - MIR- cursada en el Hospital Marqués de Valdecilla), adjunto de Endocrinología y Nutrición en el HULA, fue presidente de la Sociedad Gallega de Endocrinología durante 8 años, hasta 2016, miembro del Grupo de Trabajo en Diabetes de la Sociedad Española de Endocrinología y Nutrición (coautor de las últimas recomendaciones de la SEEN para el tratamiento de la Diabetes), miembro...
leer másO historiador Xosé María Leal Bóveda impartirá a conferencia O sistema defensivo litoral no Cantábrico galego. Séculos XVII-XVIII. O caso de Viveiro- Celeiro na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro.
O acto, que comezará ás 20:00 horas do vindeiro xoves, 25 de abril, conta coa colaboración do Concello de Viveiro e ten como finalidade dar a coñecer as baterías costeiras de San Xoán e de Celeiro. Estes bens culturais, malia a súa importancia, son unhas grandes descoñecidas do patrimonio de Viveiro e non contan na actualidade con ningún tipo de protección.
A actividade está organizada polo colectivo Pensamento e Sementeira e a asociación Mariña Patrimonio.
El doctor Manuel Antonio Botana, especialista en Endocrinología y Nutrición, ofrecerá una charla en el Centro Sociocomunitario de Ribadeo, que está en la calle Ibáñez, detrás de la casa consistorial, este miércoles, día 10 a las 16:30 horas. Este acto es abierto al público y está dirigido a toda la población.
El doctor Botana explica que su charla de este miércoles en Ribadeo versará sobre los alimentos y lo que debemos hacer para tener una dieta equilibrada y saludable.
Manuel Antonio Botana es licenciado en Medicina y doctor por la Universidad de Santiago, especialista en Endocrinología y Nutrición (residencia - MIR- cursada en el Hospital Marqués de Valdecilla), adjunto de Endocrinología y Nutrición en el HULA, fue presidente de la Sociedad Gallega de Endocrinología durante 8 años, hasta 2016, miembro del Grupo...
leer más