Este xoves, 19 de abril, terá lugar na Librería Bahía de Foz, unha charla-coloquio titulada "Luto en colores, repensar la muerte para celebrar la vida", e ao mesmo tempo presentarase o conto "La vida de Sira, 9 meses y 40 minutos", baseado nunha historia real.
Esta charla está organizada pola asociación Luto en colores que vai dar unha serie de charlas por Galicia para presentar o seu traballo e visibilizar o tema da morte e o luto, facendo especial fincapé nas mortes máis duras de asumir como poden ser os suicidios ou a morte de pequenos.
Librería Bahía organiza esta actividade ao entender que é un tema moi sensible, central dentro da vida das persoas, sobre todo das que sufriron unha perda especialmente dolorosa, e considera que é moi importante crear espazos nos que se poida falar, compartir e dar saída ás emocións que este tipo de vivencia entrañan.
Luto en colores é un proxecto que busca romper o tabú da morte, e a través de obradoiros propón abordar o duelo dende a creatividade, transformando a tristeza en beleza e homenaxeando a aqueles que se foron.
A charla dará comezo ás 20:30 horas.