Charla
O Concello de Ribadeo, como cada ano, únese á celebración do Día Mundial dos Humidais. Así, neste 2018, o 3 de febreiro levaranse a cabo dúas actividades encamiñadas a aumentar a sensibilización e o coñecemento da Ría de Ribadeo como berce de diversidade biolóxica.
Desde a Concellaría de Turismo subliñan que “como xa é coñecido, esta ría constitúe un dos principais humidais do litoral norte de Galicia, motivo polo cal está declarada como Humidal de Importancia Internacional, así como Zona de Especial Protección para as Aves ou Reserva da Biosfera, entre outras figuras de protección”.
E engaden que “desta vez, as protagonistas serán as aves, para isto contaremos coa colaboración de Carlos Sanjurjo, Gilberto Sánchez Jardón e Óscar Chao, todos eles afeccionados á ornitoloxía e grandes coñecedores do humidal situado...
leer másAcisa organiza unha xornada técnica sobre xestión do estrés. Terá lugar o 25 de xaneiro ás 20:30 horas no salón de actos da antiga Casa Sindical. É aberta a todo o público que desexe asistir.
Na charla, que impartirá Mª del Mar Arias Matilla, psicóloga e técnica de Prevención de Riscos Laborais da Mutua Universal, abordaranse aspectos como as consecuencias do estrés, as diferenzas individuais na resistencia diante desta patoloxía, así como estratexias para afrontar a autoxestión do estrés, habilidades mentais e de comportamento, pautas de autocoidado, etc…
Desde Acisa sinalan que “nos pareceu un tema interesante a abordar despois dun mes, o de decembro, de moita actividade, de moitas compras, viaxes, xuntanzas familiares, de traballo e cos amigos. Un mes no que planificar todo isto nos pode xerar situacións de...
leer másO 22 de xaneiro en horario de 11:00 A 12:30 horas terá lugar na Aula CeMIT de Ribadeo unha charla informativa a través de vídeo conferencia sobre Telefonía móbil: Facturación e reclamacións. Está organizada polo Instituto Galego de Consumo, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) de Ribadeo e máis a Aula CeMIT.
Segundo explica Jorge Pereira, axente TIC do Concello de Ribadeo, “nesta charla falaremos dos principais conceptos que debemos manexar e ter en conta na contratación e relación coas compañías de telefonía móbil: tipos de tarifas, permanencia, roaming, portabilidade, etc. E tamén analizaremos as principais reclamacións en materia de telefonía móbil e cómo realizar un uso responsable desde o punto de vista do consumo”.
E engade que “unha vez rematada a exposición dos contidos abrirase unha...
leer másA concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán Vizoso, e o Programa de Prevención de Drogodependencias e outros trastornos aditivos, están a organizar unha táboa redonda sobre o acoso escolar, na que participarán relatores e relatoras expertos no tema.
Segundo explica a responsable do programa Mónica Fernández Lamparte “esta actividade celebrarase o mércores, 13 de decembro, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Mar e vai dirixido especialmente a familias (todo o alumnado ribadense recibirá unha carta para entregar na casa) e tamén a calquera persoa interesada. A entrada é de balde”.
Nesa carta enviada ao alumnado ribadense sublíñase que “o acoso escolar ou bullying é un problema global que afecta a todos os países, e que se da principalmente entre os 12 e os 16 anos. Esta situación estase...
leer másO Concello de Ourol organiza unha serie de actividades contra a violencia de xénero durante este mes de novembro.
O programa dará comezo o xoves, día 16, cunha charla titulada Consecuencias da violencia de xénero nas mulleres e nos nenos e nenas. Terá lugar a partires das 11:00 horas no edificio multiusos do Concello de Ourol.
O 21 de novembro haberá un obradoiro que leva por título Sacando as redes da pantalla. Perigos de compartir información. Dará comezo ás 17:00 horas e desenvolverase no edificio multiusos do Concello.
O xoves 23 celebrarase outro obradoiro titulado Redes familiares: métodos de seguridade no uso das redes sociais dos menores. Comezará ás 17:00 horas e terá lugar no edificio multiusos do Concello.
O venres 24 ás 12:00 horas diante da Casa...
leer másA Concellería de Igualdade organiza diversas actividades nos centros de ensino ribadenses. Violencia de xénero e o novo contexto dixital é o título dos obradoiros educativos para nenos, nenas e adolescentes, centrados no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión…
O vindeiro luns, 6 de novembro, ao longo de todo o día, a entidade Pantallas Amigas impartirá uns obradoiros ao alumnado de 2º da ESO do IES de Ribadeo, no que participarán 69 alumnas/os e pola tarde o obradoiro terá lugar no Colexio Sagrado Corazón de Xesús para o alumnado de 3 da ESO.
Ese mesmo día, ás 19.30 horas desenvolverase unha charla dirixida a nais, pais, educadorxs, profesorado e calquera persoa interesada en xeral que xirará arredor da Educación...
leer másUnha mesa redonda indaga sobre o pasado do Santo Vello, en Covas. Un estudoso do tema, o presidente de Mariña Patrimonio e un arqueólogo intervirán nunha mesa redonda sobre a cova de San Xoán Vello. Pensamento e Sementeira organiza un acto na área etnográfica da Ínsua e unha visita guiada á cova.
O pasado mes de marzo o presidente do colectivo Pensamento e Sementeira, e dous membros da directiva de Mariña Patrimonio, acompañados por María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, e polo tenente de alcalde, Xesús Fernández, estiveron na Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza interesándose pola protección das covas de San Xoán Vello e da Doncela.
Xa daquela era a intención do Colectivo complementar estas xestións coa divulgación do pasado destes sitios. É por iso que agora, programaron un acto público e unha visita...
leer másOs segredos da turbeira da Arealonga é o título da charla programada para este sábado, 20 de maio, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante en Barreiros, ás 18:00 horas.
Esta charla corre a cargo de Aurora Grandal quen falará sobre a turbeira da praia de Arealonga así como dos restos óseos de fauna que foron aparecendo neste lugar nos últimos anos.
Aurora Grandal é profesora de Paleontoloxía do Instituto Isidro Parga Pondal da Universidade de A Coruña.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo organiza unha conferencia nutricional que terá lugar o 26 de maio. Será pronunciada polo prestixioso doutor Jesús Bernardo, especialista en Nutrición e Dietética.
O título da charla será Coñecer os alimentos para ter boa saúde. Jesús Bernardo é médico especialista en Nutrición e Dietética terapéutica polo hospital Robert Debré da Universidade francesa de Reims; médico especialista en Nutrición Deportiva pola Universidade Paul Sabatier, de Toulouse (Francia); membro da Comisión de Nutrición e Hábitos Saudables do Comité Olímpico Español; médico nutricionista da Selección Española de Hockey sobre patíns, da Federación Española de Patinaxe e do Real Oviedo Club de Fútbol; membro de diferentes asociacións e sociedades científicas como a SEN (Sociedade Española de...
leer másO salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá unha conferencia sobre nutrición deportiva a cargo da campioa do mundo de atletismo Carolina García. Será o día 4 de maio, xoves, ás oito da tarde con entrada aberta para todos os públicos.
Carolina García, que foi campioa do mundo de atletismo na categoría W35 en 200 metros aire libre no ano 2016 e conseguiu moitos títulos máis na súa carreira deportiva, falará sobre a situación actual da alimentación e a súa incidencia no rendemento, os requirimentos nutricionais do deportista, como controlar o peso no deportista e como sacar partido ao complementos nutricionais, entre outros temas.