Charla

Etiquetas:
16/10/2018

O Concello de Lourenzá conmemorará o Día Contra o Cancro de Mama este venres, día 19, cunha charla, andaina e  merenda solidaria.

A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “o salón do Centro Social Torreón dos Frades, de Lourenzá, acollerá este venres, 19 de outubro, ás 16:30 horas unha charla titulada Impacto psicolóxico do Cancro de Mama, que será impartida pola psicooncóloga Carmen Rubiños López. A continuación terá lugar unha andaina solidaria polas principais rúas de Vilanova e colocaranse tres lazos rosas en tres lugares emblemáticos do pobo. E, xa para rematar, polas 18:30 horas os asistentes volverán ó centro social Torreón dos Frades para merendar chocolate e mantecadas”.
 
As actividades son organizadas pola Concellería de Servizos Sociais. Rocío López e a concelleira Mercedes Dengra invitan “a todos os veciñ@s a...

leer más
Etiquetas:
15/10/2018

O Concello de Cervo, a través da delegación de Sanidade que dirixe Mali Méndez, organiza diversas actividades con motivo do Día Mundial contra o Cancro de mama, que ten lugar cada 19 de outubro.

Méndez explicou que o venres terá lugar unha mesa redonda na Casa da Cultura, ás 18:00 horas, na que participarán o fisioterapeuta Aladino Fernández e a psicóloga da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na zona da Mariña, Carmen Rubiños.

O domingo, 21 de outubro, terá lugar unha andaina popular. Será ás 17:30 horas e o punto de encontro é o peirao de San Ciprián. A continuación haberá unha clase de zumba aberta a todo o público na Casa do Mar.

As persoas participantes nas actividades poden aportar o seu donativo para a loita contra esta enfermidade dirixido á Asociación Española contra o...

leer más
Etiquetas:
15/10/2018

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza unha palestra sobre a historia da guerrilla antifranquista na Mariña e en Galiza. Será este martes, 16 de outubro, na Casa da Cultura de Foz, ás 20:30 horas.

Neste acto estará presente Francisco Martínez “Quico”, único membro vivo da Federación de guerrillas de Galiza e León, dirixente da guerrilla durante máis de cinco anos e exiliado en Francia entre 1952 e 1976.

O histórico guerrilleiro estará acompañado por Fernanda Cedrón Trigo, neta do mítico guerrilleiro mariñán Luis Trigo Chaos “O Gardarríos”; e Odette Martínez, especialista en memoria e profesora na Universidade de Montpellier.

 

Etiquetas:
26/09/2018

Os arqueólogos Luis Cordeiro Maañón e Celso Rodríguez Cao ofrecerán unha conferencia titulada Novas aportacións para o estudo da necrópole medieval da Basílica de San Martiño. Será no salón de actos do centro de interpretación da propia basílica este venres, día 28, ás 19:00 horas.

Este acto está incluído na programación cultural do Concello de Foz.

 

Etiquetas:
22/08/2018

O Concello de Cervo, a través das súas delegacións de Turismo e Medio Ambiente, organiza unha charla titulada Avistando baleas en San Ciprián, que terá lugar o vindeiro martes, 28 de agosto, ás 20:00 horas, no asteleiro.

Esta conferencia correrá a cargo de Anxo Cao, estudante de Bioloxía que traballou como guía de avistamento de baleas nas Azores.

A actividade enmárcase no programa que se vai desenvolver ao longo do ano con motivo do nomeamento, por primeira vez, á Carpintería de Ribeira Francisco Fra como Centro Azul.

San Ciprián é un dos pobos pioneiros en Galicia na caza de baleas e Anxo Cao abordará temas como a tipoloxía e morfoloxía destes cetáceos, caza, avistamento e estado actual.

 

Etiquetas:
28/06/2018

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza unha conferencia en Foz este venres, 29 de xuño.

A charla, titulada Somos mulleres, non mercadoría, terá lugar no Hotel Isla Nova ás 20:30 horas.

Esta conferencia correrá a cargo da filósofa feminista Ana de Miguel. Foi profesora titular na Universidade da Coruña, e en 2015 publicou o ensaio Neoliberalismo sexual: el mito de la libre elección, cuxo contido será parte central do seu relatorio.

Este acto enmárcase dentro do ciclo Activismos fronte ao patriarcado. Debates feministas na Mariña que continuará despois do verán.

 

Etiquetas:
06/06/2018

A asociación cultual A Pomba do Arco organiza o mércores, 13 de xuño, ás 20:30 horas no salón de actos do Cenima, unha palestra sobre as formacións xeolóxicas da Mariña que correrá a cargo do xeólogo Xoán Ramón Vidal Romaní.

O conferenciante é un dos grandes coñecedores dos estudos xeolóxicos en Galicia e con diversos traballos sobre a realidade xeolóxica da comarca da Mariña. Destacan, entre os seus traballos recentes, as súas investigacións sobre  a formación da Praia das Catedrais, e é autor de diversos estudos encargados pola Xunta de Galicia para analizar a situación do conxunto natural.

Xoán Ramòn Vidal Romaní, profesor emérito de xeoloxía na Universidade da Coruña e membro numerario da Real Academia Galega das Ciencias, fará un repaso pola historia xeolóxica da Mariña, significando aquelas formacións...

leer más
Etiquetas:
21/05/2018

Ribadeo acolle a celebración dunha charla informativa sobre a tenza responsable de animais domésticos. Terá lugar o vindeiro xoves, día 24, no auditorio municipal Hernán Naval, ás 19:30 horas.

A charla será impartida por Virginia Torrecillas, educadora canina, e Irene Torres, avogada especialista en dereito animal, que falarán sobre as obrigas dos propietari@s de animais domésticos para evitar as sancións previstas polo incumprimento da lei. A entrada é libre e gratuíta.

Estas xornadas están organizadas pola Deputación de Lugo, Os Arcares Lucenses e a Reserva da Biosfera Terras do Miño e colaboran o SEPRONA, a Policía Autonómica e a Policía Local.

A mesma charla terá lugar en Viveiro o mesmo 24 de maio ás 16:30 horas na sala de exposicións / biblioteca municipal. 

 

 

Etiquetas:
21/05/2018

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o xoves, 24 de maio, ás 20:30 horas, unha charla no Centro Social “A Saíra” de Nois, titulada “A propiedade da terra en Nois”, que correrá a cargo do estudoso local Antonio Sixto.

A palestra de Antonio Sixto, acompañada dunha introdución de Xoán Ramón Fernández Pacios, pretende achegarnos a unha etapa da historia de Nois, concretamente a aquela na que os veciños da localidade se fixeron donos da propiedade da terra.

 

Etiquetas:
04/05/2018

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá unha xornada informativa na que terá lugar a Presentación de aplicacións móbiles útiles para o sector agrogandeiro. Será o 14 de maio.

A actividade desenvolverase en horario de 16:00 a 17:00 horas, e retransmitirase mediante vídeo conferencia en conexión co CDTIC de Santiago. Esta xornada ten carácter gratuíto e é de acceso libre.

Na sesión informarase sobre un software de xestión orientado aos traballadores do sector agrogandeiro. Farase unha introdución á xestión dunha explotación gandeira con AinfoVac e á xestión de cultivos con AinfoHor. Presentaranse ademais as vantaxes de empregar as ferramentas informáticas para a xestión, control e a comunicación das actividades vinculadas ao agrogandeiro introducindo as novas tecnoloxías e o software libre nas empresas deste...

leer más