Cervo
San Ciprián celebrará a mediados deste mes de xullo as súas Festas na Honra da Virxe do Carme.
A cita, que foi presentada polas edís de Cultura, Servizos Sociais e Medio Ambiente, Dolores García Caramés, Pilar Armada e Mali Méndez, respectivamente, e por unha representación das asociacións A Anxuela, Mar de San Ciprián e Amigos da Maruxaina, que organizan as diferentes actividades, desenvolverase desde o xoves 14 de xullo ata o domingo 17 con múltiples citas gastronómicas e musicais.
Así o día 14, na Praza dos Campos, terá lugar unha Festa do Mexillón, a partir das 20:00 horas, na que se servirán racións deste molusco por parte da asociación Amigos da Maruxaina, que estará amenizada por gateiros e tamén por DJ Ovo.
O venres, 15, ás 14:00 horas, está prevista a sesión vermú a cargo da...
leer másA proba disputarase o sábado e o domingo na Piscina Municipal Olímpica. Competirán 233 nadadores de 27 clubs de toda Galicia
O rexedor, Alfonso Villares, recordou que é a segunda proba desta magnitude que acolle a piscina en menos dun mes, logo do Galego Alevín que tivo lugar en xuño, “grazas ás privilexiadas instalacións que temos no Concello e á estreita colaboración que mantemos co CN Xove, que atraen este tipo de campionatos cun gran impacto para a nosa zona xa que se estima que se despracen a Cervo unhas mil persoas na fin de semana”.
A piscina municipal do Concello de Cervo acollerá un curso de apnea impartido por AIDA, a Asociación Española de Apnea. O curso é específico para persoas xa familiarizadas co surf ou a pesca submarina. Tratará a mellora da confianza, a respiración, relaxación, minimización de esforzos baixo a auga… Tamén ensinará a usar máscara e tubo, a aletear correctamente e a controlar a flotabilidade e o peso para reducir o cansanzo.
O curso terá lugar os días 15, 16, 17, 22, 23 e 24 de xullo. As prazas son limitadas. As persoas interesadas en acudir poden inscribirse ou recibir máis información no teléfono +41786723581 ou no correo electrónico contact@freedivexperience.com
O Concello de Cervo comeza a desenvolver os seus programas de Noites Alternativas e Enredando no Verán con actividades durante os meses de xullo e agosto.
Nesta primeira semana de xullo haberá volei praia na praia do Trono, ás 20:00 horas, e o mércores 6, ás 12:30 horas, balonmán no polideportivo A Veiga. Os días 11, 12 e 13 haberá fútbol praia na praia do Torno, ás 20:00 horas, e o xoves 14 terá lugar unha ruta nocturna de sendeirismo, a partir das 20:00 horas. Ademais o luns 11, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura, desenvolverase un obradoiro de maxia; e o mércores 13, a partir das 12:30 horas, terá lugar unha ruta en kaiak dende o porto de San Ciprián. Os días 18, 19, 20, 21 haberá fútbol 3x3 na Praza dos Campos, ás 20:00 horas; o luns 18, ás 12:30 horas, na praia do Torno, haberá surf; e o mércores 20, ás 12:30 horas, balonmán no...
leer másO alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron o programa no campo da festa, na compañía da Comisión, encabezada por Francisco Fernández e Isabel Guerreiro.
A cita festiva será o domingo, 3 de xullo. Ás 13:00 horas está prevista unha misa solemne seguida da Procesión. A continuación terá lugar a sesión vermú a cargo de Tania e o seu acordeón; que á noitiña, ás 21:00 horas, repetirá para amenizar o baile.
O Concello de Cervo abrirá este venres, 1 de xullo, a piscina de Río Cobo.
Así o anunciaron o alcalde Alfonso Villares, quen acompañado pola tenente-alcalde, Dolores García Caramés e polo edil de Deportes, David Rodríguez, supervisou os traballos de mantemento e acondicionamento que se levaron a cabo durante estes meses pasados para que a veciñanza poida desfrutar dela neste verán.
Coa apertura da piscina de Río Cobo, o Concello de Cervo incrementa a súa oferta de ocio de cara a unha tempada estival “con múltiples alternativas para desfrutar de Cervo e de todo canto pode ofrecer á veciñanza e ás persoas que nos visiten”.
A instalación permanecerá aberta de luns a domingo, en horario de 15:00 a 20:00 horas.
Os traballos de acondicionamento da piscina veñen sumarse...
leer másO Concello de Cervo volverá acoller o campus de baloncesto EntreNos, entre o 26 de xuño e o 2 de xullo.
O pavillón da Veiga, que é o escenario no que se desenvolverá a actividade deportiva, acolleu a presentación da IV edición, da man do rexedor, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, e o director e o responsable de comunicación do campus, Nacho Mota e Pablo Ojea, respectivamente.
O Campus, en réxime interno, está dirixido ás crianzas nadas entre o ano 2005 e o 2010 (ambos incluídos).
O equipo técnico estará formado por Cristino Menor, Nacho Mota, Zaida Iglesias , Juanma López , Merche, Javier Cal, Gonzalo Faya e Juan Carlos Paz.
Os integrantes do Campus EntreNos recibirán cada día unha masterclass a cargo de recoñecidos profesionais do basket,...
leer másO Concello de Cervo acollerá esta fin de semana o Campionato Galego Alevín de Natación que se celebrará na Piscina Municipal Olímpica de Lieiro.
Na presentación da proba participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de deportes, David Rodríguez, o secretario da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera, e o presidente do Club Natación Xove, Alberto Pigueiras.
No campionato, que organizan o CN Xove e a Federación Galega de Natación, coa colaboración do Concello de Cervo, participarán uns 200 nadadores, pertencentes a 24 clubs galegos.
O alcalde, Alfonso Villares, significou a importancia que ten para Cervo “acoller unha competición deste nivel, que supón un escaparate de primeira orde, xa que prevemos que preto de 1000 persoas visitarán o noso municipio ao longo de toda a...
leer másO trío galego Tanxugueiras abrirá o próximo domingo en Cervo os Concertos do Xacobeo na provincia de Lugo, que ao longo dos vindeiros meses achegarán a distintos concellos artistas de primeiro nivel con diferentes estilos musicais.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa, que arrinca ás 21.00 horas na praza dos Campos de San Cibrao co espectáculo que ofrecerán as cantareiras Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro dentro da súa xira Midas.
Antes subirá ao escenario o dúo galego integrado por Laura LaMontagne & Pico Amperio, que na súa proposta artística mesturan música medieval galaico-portuguesa, ambiente hip-hop e poesía.
O acceso será libre e gratuíto. Arias apuntou que se escolleu un espazo aberto con facilidades de acceso “...
leer másO Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o XIII Campionato Galego de Nihon Tai-jitsu o vindeiro sábado, 11 de xuño.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Deportes, David Rodríguez, presentaron o evento acompañados do director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.
Tal e como explicou o rexedor “dende o Concello tentamos diversificar toda a actividade deportiva que programamos, tentando dar cabida a un gran número de disciplinas, aproveitando as privilexiadas instalacións das que dispoñemos, como neste caso é o complexo deportivo da Veiga”.
Rodríguez e Villares incidiron en que o que “pretendemos dende o Concello é achegar a veciños e visitantes esta arte marcial de orixe...
leer más