Cervo
A Escola de Buceo Costa Lugo organiza para este sábado, 26 de marzo, un bautismo de mergullo na piscina Municipal de Lieiro.
Será en horario de mañá, de 9 a 13 horas. Os interesados en apuntarse poden chamar ao teléfono 609 423 210 ou a través do correo electrónico info@buceocostalugo.es
A idade mínima para participar é de 16 anos.
O Concello de Cervo, a través da Delegación de Cultura, retoma o ciclo de concertos “A Caixa de Música” este domingo na Praza do Souto. Será o primeiro concerto do ciclo neste ano 2022.
A actuación, que correrá a cargo do grupo “No Cómbaro” de As Pontes, terá lugar este domingo, 20 de marzo, ás 13:30H na Praza do Souto de Cervo.
O ciclo de concertos “A Caixa de Música” pretende diversificar as actuacións musicais no municipio, ofrecendo un programa con estilos clásicos de bandas musicais da nosa contorna.
A Caixa de Música vai dirixida a toda a familia, posto que os concertos están calendarizados en fin de semana ou festivos, á hora do mediodía, en diferentes emprazamentos da vila.
No mes de maio, en conmemoriación do Día das Letras Galegas, haberá, ademais,...
leer másO dia 21 de marzo ás 12 da mañá terá lugar o acto de presentación da 7ª Edición da Semana das Artes. Será na Sala de exposicións do Complexo de Sargadelos en Cervo. Están invitadas a compartir dito acto, tódalas entidades colaboradoras : Xunta de Galicia (Cultura e Política Lingüística), Área de Cultura da Deputación de Lugo, Mancomunidade da Mariña e os Concellos de Cervo e Foz.
Ao acto asistirá a familia de Quique Guerra, artista veciño de Cervo a quen se lle rende a homenaxe desta 7ª edición. Farase a presentación do cartel e os pormenores do desenvolvemento das actividades iniciadas no mes de xaneiro e que abarcarán ata o 17 de xuño inclusive.
A parroquia de Rúa celebrará, de novo, a súa tradicional Festa da Candelaria o venres 11, o sábado 12 e o domingo 13 de marzo. Son as primeiras festas patronais con verbena que se celebran no municipio desde o ano 2020.
A cita foi presentada polo alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e polos membros da comisión de festas, Alexis, Miriam e Antonio Villarquide.
A cita celébrase esta fin de semana despois de ser aprazada no mes de febreiro pola situación derivada da sexta vaga da pandemia.
Deste xeito, dende o Concello convidan a todo o mundo a asistir a esta festa na honra á Virxe da Candelaria cun programa repleto de actos que debullamos a continuación:
O venres, 11 de marzo, haberá verbena coas orquestras Fania Blanco Show e Los Satélites.
A XII edición da Ruta de Enduro Medela MTB celébrase o vindeiro domingo 6 de marzo. A cita deportiva foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil delegado de Deportes, David Rodríguez, e membros do Club Medela, Abel Ordas e David Riera.
A proba, de dificultade media-alta, será de 33 quilómetros, e 1.400 metros de desnivel acumulado e permitirá desfrutar de 4 tramos perfectamente acondicionados polos membros do Club “que levan meses traballando no trazado para que ese día os amantes das dúas rodas poidan gozar dunha competición de primeiro nivel no Concello de Cervo”.
Villares e Rodríguez quixeron agradecerlles unha vez máis aos integrantes da asociación o seu traballo “porque eles son os responsables do éxito desta competición á que dedican moitas horas do seu tempo logrando facer do noso...
leer másEste sábado comezan as actividades para os máis pequenos da casa. Na carpa da Praza do Souto ás 12:30 horas haberá unha actuación musical infantil a cargo de Vaia Ritmo.
E o luns, día 28, na carpa da Praza dos Campos a partir das 17:00 horas terá lugar unha festa infantil con inchables e obradoiros de Entroido.
A Piscina Municipal de Lieiro acollerá esta fin de semana un novo curso de esquimotaxe organizado polo Club de Piragüismo Cidade de Lugo e a Federación Galega de Piragüismo, coa colaboración da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián e do Concello de Cervo.
Desenvolverase desde as dez da mañá ata as sete da tarde.
O Concello de Cervo recupera a celebración do entroido, que terá lugar na última semana de febreiro, cos desfiles de Cervo e San Ciprián como pratos principais. O cartel completo con todas as actividades programadas será anunciado nos vindeiros días.
O Desfile de Entroido de Cervo, organizado pola asociación Airiños do Xunco, levarase a cabo o domingo 27 de febreiro, mentres que o Desfile de Entroido de San Ciprián celebrarase, como sempre, o martes 1 de marzo. Os dous desfiles realizaranse respectando os protocolos e medidas que as autoridades establezan para esas datas.
A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés celebra que se podan retomar este tipo de eventos e aclarou que “os desfiles desenvolveranse respectando, sempre, as medidas de distancia social e seguridade establecidas na data na que se...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, celebra un ano máis o Día dos Namorados co VIII certame de amor na rede.
Tal e como puntualizou a edil, Dolores García Caramés, “o tema xenérico deste concurso é o amor, pero o amor en calquera das súas versións, como pode ser a amizade, a familia, a parella, o amor polas mascotas…; ou calquera idea que se lle poida ocorrer a calquera dos participantes.”.
Todos aqueles interesados poderán presentar o seu traballo en tres formatos diferentes: unha carta que non supere o espazo dun DIN-A4, un vídeo que non supere a duración de un minuto, ou unha foto. Estableceranse dúas categorías en función da idade: unha para maiores e outra para menores de 18 anos.
O prazo de presentación para a entrega dos traballos remata o domingo 13 de...
leer más