Cervo
O Concello de Cervo, en colaboración coa Federación Galega de Kárate, acollerá o XIII Campionato Galego de Nihon Tai-jitsu o vindeiro sábado, 11 de xuño.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Deportes, David Rodríguez, presentaron o evento acompañados do director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.
Tal e como explicou o rexedor “dende o Concello tentamos diversificar toda a actividade deportiva que programamos, tentando dar cabida a un gran número de disciplinas, aproveitando as privilexiadas instalacións das que dispoñemos, como neste caso é o complexo deportivo da Veiga”.
Rodríguez e Villares incidiron en que o que “pretendemos dende o Concello é achegar a veciños e visitantes esta arte marcial de orixe...
leer másO Concello de Cervo programa unha nova edición de “Cervo Concilia”, unha iniciativa municipal máis que consolidada que pretende ser “esa ferramenta de axuda á conciliación das familias, en épocas nas que pode resultar complicado como é o verán”.
O programa está dirixido ás crianzas do municipio de entre 3 e 12 anos e desenvolverase desde o 27 de xuño ata o 7 de setembro “traballamos para buscar a fórmula que nos permitise cubrir o total das vacacións escolares, para beneficiar ao máximo ás familias e axudarlles na difícil tarefa de conciliar”, tal e como precisou o rexedor, Alfonso Villares.
Pola súa banda a edil de Educación, Dolores García Caramés, que coordina o programa, apuntou que xa está aberto o prazo de inscrición “que se poderá formalizar ata o 25 de xuño na Casa do Concello o una Casa da Cultura”.
... leer másO Concello de Cervo, a través das delegación de Xuventude e Educación, que dirixen Denise Galán e Dolores García Caramés, respectivamente, vén de convocar o programa “Cervo a carón do voluntariado V”, dirixido á mocidade de entre 16 e 30 anos.
O obxectivo xeral do proxecto de voluntariado xuvenil é poñer en práctica a implicación solidaria e o compromiso activo da comunidade moza coa sociedade a través do desenvolvemento cultural e social.
Ábrese a convocatoria para todos aqueles mozos e mozas que queiran participar como voluntarios/as nas diferentes actividades previstas durante todo o verán. As persoas interesadas poden recibir máis información no teléfono 691 65 66 00 e deben presentar a súa solicitude na Casa da Cultura de San Ciprián.
O proxecto de Acción Voluntaria arrincará o 15 de...
leer másO Pavillón da Veiga acollerá o VI Torneo de Voleibol “Concello de Cervo” este próximo sábado 28 de maio.
O edil de Deportes, David Rodríguez, visitou ao alumnado e aos monitores desta disciplina que forma parte da oferta deportiva das Escolas Deportivas Municipais para presentar a competición “que pon punto e final a un curso excepcional” no que contamos coa participación de medio cento de mozos e mozas –sen ter en conta a categoría sénior que se integrou no C.D. San Ciprián e que sumou uns trinta rapaces/as máis-.
O edil aproveitou para felicitar ao equipo humano que dirixe os adestramentos que “son parte importante do éxito que tivo esta disciplina”, e que souberon contaxiar a súa paixón por este deporte aos/ás máis novos/as; sen dúbida é unha gran nova para Cervo -engadiu- “que o deporte, en calquera das súas...
leer másEste domingo, 22 de maio, terá lugar unha nova actuación en Cervo dentro do ciclo cultural A Caixa da Música, que promove a Delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés.
Verónica Cambón actuará a partir das 13:30 horas na Praza do Souto.
Seis asociacións da provincia de Lugo percorren esta semana a provincia grazas ao programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia. Unhas 120 persoas da Pastoriza, Lugo e Riotorto, cada un dos seis grupos co seu itinerario, descubrirán os municipios de Taboada, Chantada, Quiroga, Cervo e O Inicio.
Este mércores a asociación veciñal Campo do Cruceiro de Santa Catalina de Pousada, da Pastoriza, arrancará a ruta no Pazo de San Marcos. Logo desprazaranse ata os municipios de Taboada e Chantada para coñecer a igrexa de Taboada dos Freires, a área recreativa Ponte Mourulle, o casco histórico de Chantada, o convento de San Salvador de Asma e o paseo fluvial, ademais de facer unha parada nunha adega.
Neste día tamén se despraza pola provincia a asociación de familiares e enfermos de alzheimer e outras demencias de...
leer másO artesán Telmo Cao abre as portas do seu obradoiro, instalado na antiga nave de fundición de Sargadelos, ás visitas guiadas, previa cita, e con fins didácticos e divulgativos.
O edil de Turismo, David Rodríguez, quixo compartir a primeira das experiencias cun grupo de 39 persoas procedente da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, da Coruña; en concreto alumnado e corpo docente de todo o centro, das especialidades de escultura, cerámica, ilustración e deseño de interiores.
Cao amosoulles in situ todo o proceso de desenvolvemento dun proxecto artístico, “desde a idea conceptual, pasando polos bosquexos ata chegar ao resultado final, previo paso pola forxa e o martelo para darlle a forma definitiva”.
O artesán quixo destacar que estas visitas nacen como un complemento á...
leer másOs Acordeonistas da Mariña actuarán este domingo, 15 de maio, ás 13:30 horas, na Praza dos Campos, en San Ciprián, dentro do programa " A Caixa da Música", que promove todas as semanas o Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, que dirixe Dolores García Caramés.
O Concello de Cervo, en colaboración coas asociacións Airiños do Xunco e AA.MM.RR. As Espalladoras, programa unha completa axenda lúdica-cultural para todos os públicos con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o 17 de maio.
O prato forte, tal e como sinalou o rexedor Alfonso Villares, será o concerto do músico, compositor e cantante, Roi Casal, que este mesmo mediodía se desprazou ata Cervo para presentar a actuación na Praza do Souto, en compañía do rexedor, da edil de Cultura, Dolores García Caramés e dunha representación da asociación Airiños do Xunco, que participa na organización dos diferentes actos.
A cita que forma parte da xira “descubrindo a Habana galega” será o mesmo 17 de maio, ás 19:00 horas, na fábrica de cerámica de Sargadelos; a entrada é libre.
O espectáculo...
leer másO Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a asistir este sábado, 7 de maio, á VI Foliada e á Feira de Artesanía e Alimentación que terá lugar na Praza do Souto, desde as 12:00 horas.
A cita foi presentada este mediodía pola tenente alcalde e edil de Cultura, Dolores García Caramés, polo concelleiro de Turismo, David Rodríguez e pola edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, xunto con representantes da A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos, da agrupación Fol do Raxal e A Morena, que organizan o evento, no que colabora o Concello de Cervo.
A cita musical e gastronómica dará comezo ás 12:00 horas, cando abrirá ao público a Feira de Artesanía e Alimentación e desde esa hora tamén se sucederán diferentes actuación de grupos de música e baile tradicional da contorna: A Rebolaxe (San Ciprián), Amado Lar (Valadouro),...
leer más