Cervo
A delegación de Cultura do Concello de Cervo celebra un concurso en conmemoración do Día do Libro, que terá lugar o vindeiro sábado 23 de abril.
Os participantes estarán divididos entres categorías diferentes en función da súa idade.
Os máis pequenos, comprendidos entre os 3 e os 6 anos, terán que facer un marcapáxinas.
Os nenos e nenas comprendidos entre os 7 e os 11 anos, terán que continuar a seguinte historia: “Iria era unha nena que vivía nun castelo. Tiña de todo: roupa á última moda, unha piscina xigante, un parque, unha sala de cine… Pero, aínda así, sempre estaba enfadada co mundo...”
Os maiores de 12 anos poderán elixir entre contar unha anécdota familiar ou proseguir a seguinte historia: “As cousas poderían suceder de calquera outra maneria mais o que...
leer másO Concello de Cervo ofrece alternativas turísticas para todos os gustos e todas as franxas de idade esta Semana Santa.
Un dos principais atractivos naturais do noso municipio son as rutas de sendeirismo, que están coidadas e sinalizadas. Hai rutas que bordean a costa, como poden ser o sendeiro azul, a ribeira de Lieiro, a ruta ornitolóxica, ou a ruta das canteiras; e se hai preferencia por unha zona máis interior, pódese optar pola ría que percorre a beira do río Xunco ata Sargadelos, onde se pode camiñar polo Paseo dos Namorados ata chegar á fervenza ou, se estades interesados nas plantas, coñecer ao detalle a nosa flora a través da Senda Botánica.
Alí atopámonos unha das xoias patrimoniais e turísticas do noso municipio, que é o Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos. Esta localización, declarada Ben de...
leer másDe luns a mércores, de 11H a 14H os nenos e nenas poderán desfrutar das actividades realizadas en Enredos, mentres que pola tarde gozarán do torneo de fútbol 7 e o láser tag, a través de Xuventude.
O mesmo mércores 13, de 17H a 20H, haberá inchables na Praza dos Campos para os nenos e nenas, e xa pola noite, dentro do ciclo de concertos de O Son do Nordeste, actuará The Corporation a partir das 21H.
O xoves 14 tocará La Disquetera dentro do ciclo A Caixa de Música, ás 13:30H na Praza do Souto. Xa pola noite será a quenda para Rachel & The Blue Batons, a partir das 21:30H na Praza dos Campos.
O venres 15, ás 21:30h Os Carunchos ofrecerán o seu espectáculo na Praza dos Campos.
O sábado 16 será a quenda para a Festa do Mexillón. Ao longo do día poderán...
leer másO Concello de Cervo organiza o vindeiro sábado 16 de abril a Festa do Mexillón.
No día de onte o rexedor, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés,e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron a que será a edición número XXVIII desta festa, xunto con persoal dos locais de hostalaría participantes.
Ao longo deste día os locais ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán no mexillón o seu denominador común. Participarán O Noso Lar, Las Titas, A Bodega, O Faro, Aquelarre, Maruxaina, O Pulgas, CIT e O Encontro.
A partir das 22:00H haberá verbena a cargo da orquestra FaniaBlancoShow e a continuación será a quenda de Disco Móvil Chocolate.
Villares quixo salientar que “este tipo de festas gastronómicas contribúen a darlle vida...
leer másMañá sábado ás 12:30 horas na Praza do Souto, de Cervo, haberá un taller infantil de Ovos de Pascua. Vai enfocado a nenos de 5 a 12 anos e as inscricións farase antes de comezar o obradoiro na propia praza.
Tamén mañá sábado ás 21:30 horas na Praza dos Campos, dentro do ciclo de concertos O son do Nordeste, actuará o grupo de versións de rock THE NUNZIA'S ROCK COVER BAND.
E o domingo ás 13:30 horas na Praza do Souto, dentro do ciclo de concertos A Caixa de Música, actuará o grupo Axóuxere de Roupar.
Para todas actividades están habilitadas dúas carpas, tanto na Praza do Souto como na Praza dos Campos.
O Concello de Cervo, a través das delegacións de Educación e Xuventude, programa para a semana que vén, os días 11, 12 e 13 de abril, unhas novas edicións de Enredos e Xuventude.
O xa tradicional programa de Enredos vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Estarán divididos en dúas franxas horarias e de idade. As crianzas pertencentes ao segundo ciclo de infantil gozarán das actividades programadas o luns, martes e mércores de 11H a 12:30H, mentres que os de primaria terán a súa quenda de 12:30H a 14H.
As actividades enmarcadas no programa terán lugar no Pavillón Municipal da Veiga e as inscricións xa están dispoñibles, tanto na Casa da Cultura de San Ciprián como no Concello de Cervo.
No referente á Xuventude, o Concello de Cervo organiza para o luns e o martes un torneo de Fútbol 7...
leer másEste domingo, 3 de abril, segue en Cervo o ciclo a Caixa de Música.
Abya Yala Ensemble é un grupo de música jazz & fusión latinoamericana, que ten como obxectivo achegar á comunidade o material sonoro de América Latina.
O concerto terá lugar o próximo domingo, 3 de abril, na Praza do Souto, de Cervo, ás 13:30 horas.
O Concello de Cervo organiza esta semana un obradoiro sobre a importancia da muller na historia familiar para os dous colexios de primaria do municipio.
“As mulleres que nos constrúen”, de Tarabela Creativa, é o título deste taller, que busca indagar nas historias das orixes e como as mulleres que forman parte das nosas familias aportan e lles dan valor aos nosos relatos de identidade.
Tirando dos fíos familiares entenderán a importancia de todas e cada unha das mulleres da súa familia, como seres individuais e como parte da comunidade.
O obradoiro comezou a impartirse hoxe, e estarán ata mañá martes, no CEIP de Cervo. O mércores e o xoves será a quenda para o alumnado do CEIP Península da Paz.
As actividades incluídas no taller están dirixidas a todos os cursos...
leer másO Concello de Cervo organiza un Curso gratuíto de Socorrismo en espazos acuáticos naturais con certificado de profesionalidade.
A data de inicio para este curso está programada para o 16 de maio, e terá unha duración de 4 meses, rematando o 13 de setembro. As clases impartiranse en horario de 16H a 21H de luns a venres.
A inscrición estase a tramitar na Oficina de Emprego de Burela e hai un total de 15 prazas. O curso está orientado a persoas en situación de desemprego pero poderase cubrir ata un máximo de 30% de persoas en activo.
Para resolver calquera dúbida ou obter máis información sobre o curso, pódese acudir ao Concello de Cervo ou ben chamar ao 982 55 77 77.
Segue en Cerco o ciclo de concertos denominado “A Caixa de Música”. O encargado de amenizar o mediodía do vindeiro domingo será o grupo de música tradicional Fol do Raxal. A actuación será ás 13:30 horas na Praza dos Campos.