Certame
En Burela tivo lugar este mediodía a presentación da segunda edición de Musicarte, o Certame de Vídeoclips Musicais, que organiza a Concellería de Cultura. Poderán participar, ademais de escolas de música, IES de Galicia e adultos non profesionais. O mellor en cada unha destas tres categorías obterá un premio de 400 euros. O prazo de presentación de traballos estará aberto ata o 20 de xuño. No acto participaron o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Cultura, José Díaz, e a presidenta do xurado, Estíbaliz Veiga.
O edil burelés anunciou que “vimos de presentar Musicarte 2 coa presenza de Estíbaliz Veiga, que será a presidenta do xurado un ano máis. A novidade respecto ao ano pasado e que, ademais de haber un premio ao mellor vídeoclip para escolas de música, vai haber outro para IES de Galicia e tamén outro para persoas galegas que non...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, celebra un ano máis o Día dos Namorados co VIII certame de amor na rede.
Tal e como puntualizou a edil, Dolores García Caramés, “o tema xenérico deste concurso é o amor, pero o amor en calquera das súas versións, como pode ser a amizade, a familia, a parella, o amor polas mascotas…; ou calquera idea que se lle poida ocorrer a calquera dos participantes.”.
Todos aqueles interesados poderán presentar o seu traballo en tres formatos diferentes: unha carta que non supere o espazo dun DIN-A4, un vídeo que non supere a duración de un minuto, ou unha foto. Estableceranse dúas categorías en función da idade: unha para maiores e outra para menores de 18 anos.
O prazo de presentación para a entrega dos traballos remata o domingo 13 de...
leer másA Fundación Imdecum convoca a décimoprimeira edición do Festival Audiovisual da Mariña Imaxina 2021, co apoio da Vicepresidencia e Área de Cultura da Deputación de Lugo. O obxectivo é aflorar as inquedanzas culturais dos estudantes e diferentes colectivos da Mariña lucense. As fotografías e vídeos a concurso poden presentarse ata o día 30 de decembro, ás 00:00 horas.
Poderán participar todas aquelas persoas que estean cursando estudos de formación (ESO, ESA, Bacharelato ou ciclos formativos) durante o ano académico 2021-22 nos institutos Monte Castelo e Perdouro de Burela, Dionisio Gamallo de Ribadeo, Marqués de Sargadelos de San Ciprián, Vilar Ponte e María Sarmiento de Viveiro, Illa de Sarón de Xove, Alfos-O Valadouro e Foz. Ademais está dirixido aos usuarios e usuarias da Fundación Eu Son, Axuda ao Enfermo Mental da Mariña e Asociación...
leer másCon motivo da festividade do Nadal o Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, organiza a quinta edición do Concurso de Decoración de Nadal que abrangue decoracións en fachadas, balcóns, portais, xardíns, escaparates, etcétera, así como a instalación de árbores de Nadal.
O Concello de Mondoñedo explica: “convócase en modalidade individual e colectiva, como se establece nas bases; está aberto a toda a veciñanza con residencia no municipio de Mondoñedo e ten como obxectivo incentivar a decoración de Nadal nas vivendas e no comercio local e, con iso, colaborar a difundir o ambiente de Nadal polas nosas rúas, dando protagonismo aos cidadáns, promovendo a súa participación activa para acadar entre tod@s un conxunto de Nadal integrado no noso casco histórico e en todo o municipio”.
As inscricións poden...
leer másA Concellería de Cultura anunciou a apertura do prazo de presentación de bocetos para participar na quinta edición do Certame de Internacional de Pintura Mural Amarte, que se celebrará do 5 ao 8 de agosto. José Díaz reunirase a vindeira semana con responsables da Consellería de Cultura para establecer as actividades que poderán completar o programa e a posible axuda económica para o súa celebración.
O edil manifestou que “desde la Concellería de Cultura de Burela presentamos la puesta en marcha del V Certame de Pintura Mural Internacional Amarte. Este año vamos a por la quinta edición, que se celebrará entre los días 5 y 8 de agosto. Ya se pueden presentar los bocetos que quieran competir para llegar a la final, para ser uno de los nueve artistas que pinten, mandando un mail con el boceto y otros requerimientos que aparecen en las bases,...
leer másA edil de Educación, Dolores García Caramés, fíxolle chegar ao alumnado do centros escolares do municipio -CEIP de Cervo, CEIP Península da Paz E IES Marqués de Sargadelos- as bases do concurso convocado pola biblioteca municipal ilustradas nun marcapáxinas "co obxectivo tamén de incentivar o hábito da lectura".
1.- Poden participar todos os/as nenos/as con:
A) Narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema que se propón a continuación:
"O dereito das nenas e nenos a
participar na vida cultural."
Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno.
B. Debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4, sobre o tema que se propón a continuación:
"O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural."
Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno...
A Biblioteca Pública Municipal de Barreiros xunto coa Biblioteca Provincial de Lugo e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, convocan o CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL LETRAS GALEGAS 2021 na súa fase local.
O lema para o concurso deste ano no que se lle rende homenaxe a #XelaArias é: “O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno.)”. Como resumo do artigo 31 podemos decir que: Os Estados Partes, recoñecen o dereito do neno/a ao descanso e ao esparexemento, ao xogo e ás actividades recreativas propias da súa idade, e a participar libremente na vida cultural, e nas artes.
As follas de inscrición poden recollerse na Biblioteca Municipal e nos colexios do concello.
As bases:
1.- Poden...
O Concello de O Valadouro organiza un concurso de vestimenta antiga, dentro das actividades do XV Mercado de Primavera. Os participantes deben enviar unha foto da súa vestimenta vía whatsapp ao número de teléfono 639.317.255.
Hai tres premios: de 100, 50 e 30 euros. Deben gastarse no comercio e hostalería local do Valadouro.
O prazo para enviar as fototografías remata o 28 de marzo ás 15:00 horas. As fotos publicaranse nun álbum na páxina de Facebook do Concello de O Valadouro e serán premiadas as 3 que máis Me gusta teñan o 3 de abril ás 15:00 horas.
O Concello de O Valadouro organiza un concurso de fotografías sobre o Mercado de Primavera. Os participantes deben subir ao seu Facebook ou Instagram imaxes de anteriores edicións do evento co cancelo #MercadoPrimavera21 e etiquetar ao Concello de O Valadouro.
Hai tres premios: de 100, 50 e 30 euros. Deben gastarse no comercio e hostalería local do Valadouro.
O prazo para participar remata o 25 de marzo ás 23:59 horas e o fallo do xurado publicarase o 27 deste mes ás 17:00 horas.
No Concello de Burela presentouse este mediodía o 1º Certame Galego de Videoclips Musicais Music@rte no que poderán participar as escolas de música, conservatorios e centros de ensino musical públicos e privados de toda Galicia. Establécense catro premios: Mellor videoclip inédito dotado con 500 euros; Mellor videoclip cover con 250 euros; Mellor videoclip en galego con 250 euros e Mellor videoclip elixido polo público con 200 euros. O prazo de presentación de traballos remata o 20 de xuño de 2021. No acto de presentación participaron o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Cultura, José Díaz, o director da Escola de Música de Burela, Xan Carballal, e a actriz barreirense e membro do xurado deste Certame Estíbaliz Veiga.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “el certamen va enfocado a escuelas...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- siguiente ›
- última »