Ove

Etiquetas:
20/06/2024

A parroquia ribadense de Ove celebra a súas festas de San Xoán os día 23 e 24 de xuño, domingo e luns.

As actividades empezarán o domingo ás 20:30 horas con sardiñada e pancetada. A partir das 22:00 horas haberá verbena coa orquestra Costa Dorada e a disco móbil Conxuro e acenderase a tradicional fogueira de San Xoán.

O luns 24 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión, acompañada polo grupo de gaitas Illa Pancha. E rematará a festa con sesión vermú amenizada pola disco móbil Conxuro.

 

Etiquetas:
28/04/2024

A parroquia de Ove, en Ribadeo, celebrará os días 4 e 5 de maio, sábado e domingo, as festas de Santa Cruz, que inclúen a segunda edición da Festa da Bola de Roxós.

As actividades empezarán o sábado 4 ás 14:00 horas cunha sesión vermú amenizada pola orquestra Suavecito. Tamén haberá comida popular e despois festa e verbena con Suavecito e o dúo Belinda.

E o domingo 5 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne na igrexa parroquial de Ove e procesión para subir a Virxe ata Santa Cruz, co acompañamento musical dun grupo de gaitas. Ás 14:00 horas empezará a sesión vermú amenizada por Jaime Paredes.

Haberá servizo de bar, aparcamento e o campo da festa estará cuberto con carpa.