Ata xuño haberá surf das EDM de Barreiros na praia de Coto

Hai uns días deu comezo a actividade de Surf dentro das nosas Escolas Deportivas Municipais. Esta actividade será impartida por monitores de La academia del surf, empresa barreirense que desenvolve a súa actividade na praia de Coto.

Desde a organización sinalan: “se tedes ganas de que a vosa rapazada se suba á onda do surf e goce do mar aínda estades a tempo. Podedes inscribilos nesta actividade acudindo ao Concello e cubrindo a ficha de inscrición alí mesmo. Esta actividade prolongarase durante os meses de abril, maio e xuño con: 1 hora á semana (30€/mes) ou 2 horas á semana (45€/mes), a escoller no momento da inscrición”.

Para máis información as persoas interesadas poden consultar as bases na web municipal, no apartado de deportes ou directamente a través desta ligazón. Tamén nas oficinas municipais dan máis información.
https://www.concellodebarreiros.gal/gl/servizos/deportes