O cine volve a Barreiros e desta vez faino con unha película para público familiar. “Peter Rabbit chega este sábado para facernos pasar un serán do máis divertido”, sinalan desde o Concello. Será no Canteiro en Benquerencia ás dez da noite
A actividade desenvolverase atendendo ás medidas sanitarias, polo que as persoas que asistan deben facelo exclusivamente polo lugar habilitado, previa identificación e permanecer nos asentos asignados.
Non estará permitido o consumo de comida ou bebida no recinto. Uso obrigatorio de máscara durante toda a proxección.