O Concello de Barreiros pon en marcha unha variada oferta de actividades, dirixidas a todas as idades, e que se desenvolverán durante os meses de agosto e setembro.
Baixo o título de Barreiros Convídate, a programación ofrecerá este sábado, 15 de agosto, dentro do VII Festival Bal y Gay, a actuación do Quinteto Invento que presentará Pedro e o lobo ás 12:00 horas na praza do Concello.
O domingo 16 ás 13:30 horas na Praza do Souto, en San Miguel, haberá unha actuación de DK Band. O sábado 22 ás 20:30 horas en Celeiro de Mariñaos actuará Tumba e Dalle; o domingo 23 ás 20:30 horas, en San Bartolo, ofrecerá un concerto a Banda de Música de Foz; e o luns 24 ás 19:30 horas na Praza do Concello Charo Pita presentará A familia papaventos.
O 26 de agosto ás 22:00 horas, en San Xusto, haberá unha sesión de cine ao aire libre coa proxección de O que arde. As actividades do mes de agosto rematarán o día 29 ás 20:30 horas, en Vilamartín Grande, coa actuación de Tumba e Dalle.
A programación para o mes de setembro comezará o 13 coa representación teatral de Memorias dun neno labrego, de Cándido Pazó, no centro sociocultural de San Cosme. O domingo 20 haberá de novo teatro con Cadaval conta… Vacas, Guerras, Porcos e Cregos, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante.
O 26 de setembro ás 12:00 horas, en San Cosme, terá lugar unha sesión de contacontos con Cinecleta; e o domingo 27 na Praza do Concello e Praza do Souto, haberá unha actuación musical.
Colaboran na organización destas actividades: Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.
A programación foi presentada polos concelleiros Montse Porteiro e Daniel García.