O Concello de Barreiros celebra en outubro o Mes das Letras con diversas actividades durante as fins de semana.

O Concello de Barreiros organiza en outubro o Mes das Letras coa obra de Carvalho Calero como fío condutor, o escritor ao que se homenaxea este ano polas Letras Galegas.

O domingo, 4 de outubro, ás 12:00 horas no centro sociocultural haberá bibliodiscoteca con María Faltri Picadiscos.

O domingo 11 ás 19:00 horas no centro sociocultural terá lugar un festival de maxia cos magos Owy, Martín Camiña e Manuel Lamas.

O domingo 18 ás 12:00 horas no centro sociocultural desenvolverase a actividade infantil Aquelando as nosas letras, a cargo de A Run Run.

O sábado 24 de outubro na Biblioteca Municipal celebrarase o Dia da Biblioteca coa presentación do libro de H.M. Rabunhal titulado Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra.

O domingo 25 ás 12:00 horas no centro sociocultural terá lugar a actividade infantil Coñecendo a Carvalho Calego polo Correo do Vento.

O venres 30 de outubro haberá unha celebración do Samaín.

O sábado 31 ás 12:00 horas nos Colexios Vellos de San Miguel, desenvolverase unha conversa arredor da vida e obra de Ricardo Carvalho Calero, a cargo do escritor Henrique da Costa. Ás 18:00 horas no centro sociocultural celebrarase a primeira edición de Versos na Baixamar, recital poético coordinado por Lois Pérez.

Colaboran na organización destas actividades: Área de Cultura da Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.