O Concello de Barreiros organiza Concursos de Decoración e Relato para celebrar o Samaín desde os fogares.

Desde o Concello explican que “este ano por mor da pandemia que estamos a sufrir, debemos mudar a programación que víñamos facendo arredor do Samaín e que contribuía a conciliación familiar. Para non perder a vinculación con esta festividade, desde o Concello de Barreiros propoñemos un Samaín participativo desde os fogares e con dúas modalidades: decoración e relato”. 

MODALIDADE DECORACIÓN.
OBXECTO: decora cabazas, espazos, comidas, xardíns… con temática de medo ou referente ao Samaín. Fomenta a túa creatividade!
CATEGORÍAS:
- De 3 a 6 anos.
- De 7 a 11 anos.
PRESENTACIÓN: enviar foto da decoración realizada por whatsapp ao número 666-87-59-46 desde o 15 de outubro ata o 29 de outubro do 2020; acompañando texto con título, nome e apelidos, teléfono de contacto e idade.
DETALLE: 1 por categoría para a foto con máis “Me gusta” na páxina de Facebook do Concello de Barreiros. Para tal fin, publicarase un álbum o día 30/10/2020, iniciando votación desde ese momento ata o 01/11/2020 ás 23:59 horas.

MODALIDADE: RELATO.
OBXECTO: microrrelatos de medo, cunha extensión máxima de 200 palabras e escritos en galego. Deben ser relatos inéditos e orixinais. Serán válidos relatos escritos á man ou a ordenador.
CATEGORÍAS:
- De 12 a 16 anos.
- Categoría adulta (+ 16 anos).
PRESENTACIÓN: entregar na Biblioteca Municipal, no whatsapp ao número 666-87-59-46 ou ao correo electrónico cemit@concellodebarreiros.gal (indicando en asunto: concurso relatos Samaín). Desde o 15 de outubro ata o 29 de outubro do 2020; acompañando texto con título, nome e apelidos, teléfono de contacto e idade.
DETALLE: 1 por categoría, tralo fallo do xurado.
*Nota: 

Os/as participantes ceden gratuitamente os dereitos de reprodución, distribución e/ou comunicación pública gratuíta en calquera soporte dos traballos presentados ao Concello de Barreiros.

Máximo 2 presentacións por participante en cada modalidade.

Os traballos enviados fóra dos prazos establecidos non serán tidos en conta.