Baile
A Banda de Música de Foz celebrará o seu 30 aniversario cunha cea baile o 25 de novembro, sábado. Será na Sala Bahía a partir das 20:00 horas.
O evento empezará co concerto da Banda focega para conmemorar a festividade da patroa dos músicos, Santa Cilla, no que estarán acompañados pola asociación folclórica e cultural A Subela e varias voces. Para asistir a esta actuación a entrada é libre. Despois terá lugar a cea e a continuación haberá baile amenizado polo grupo Toxo Guayaba e Eventec Discomóvil.
A comparsa Os Fandangueiros celebrará a cuarta edición da súa cea baile no pavillón polideportivo de Alfoz o día 2 de decembro, sábado, ás 21:30 horas.
A cea estará servida polo Catering Chao da Brea e o baile amenizarano dúo Estrellas e Discomóvil Eventec. Ademais haberá sorteos.
Para anotarse os interesados en participar poden contactar por teléfono con Laura (679.566.111) ou con Natalia (603.670.661). O prazo remata o 28 de novembro.
A organización anuncia que “a partir das 00:00 horas haberá libre acceso a todo aquel que queira acercarse a desfrutar da festa”.
O Mondoñedo Fútbol Club celebrará unha cea baile o sábado 11 de novembro ás 22:00 horas no establecemento mindoniense Finca San Antonio.
Estará amenizada polo dúo Belinda e menú é o seguinte: chacina, empanada, pescada á galega, solombo de cocho, viño, sobremesa, café e chupito. O prezo son 30 euros por persoa e as entradas están á venda en O Palique, Cafetería Segundo e o Rincón de Mondoñedo.
A Escudería A Pontenova organiza unha cea baile que se celebrará no Local das Sociedades o 11 de novembro, sábado, a partir das 22:00 horas.
Será servida polo restaurante O Lar de Balbina e o menú incluirá empanada, callos, carrilleiras, sobremesa e café. Ademais haberá sorteos e baile, que será amenizado por DJ Bombarbero.
Os tickets para asistir están á venda ata o 8 de novembro en O Lar de Balbina e Librería Eugenia.
Os interesados poden contactar coa organización a través dos teléfonos 623.03.12.06 ou 690.07.61.36.
A asociación Bágoas da Terra, de Viveiro, ofrece clases de baile tradicional, percusión e pandeireta para nenos, nenas e rapaces.
O día 30 de setembro, sábado, no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro ás 12:00 horas haberá unha reunión para coordinar as inscricións, horarios e comezo das clases. Poden apuntarse por teléfono ou whatsapp no 639.42.72.98, no correo electrónico bagoasdaterra@gmail.com ou ben ese mesmo día 30 de setembro no Conservatorio.
Bágoas da Terra anima a tod@s, nenos, nenas e xóvenes a participar con eles.
O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross; e que terán lugar en San Ciprián.
A actividade foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, o presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas, e polo profesor internacional de baile de salón, Francisco Villarino.
As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250, 620.817.300 ou 630.864.427
O curso está previsto que arrinque o próximo 13 de setembro no pavillón do CEIP Península da Paz.
As sesións, unha á semana, serán impartidas por profesores titulados en vals,...
leer másA música, o baile e o traxe tradicional volverán encher as rúas da Mariña durante as II Xornadas Etnográficas da Mariña que organiza a asociación Tecedeira en colaboración co Concello de Xove e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, do 16 ao 18 de xuño.
O cartel definitivo trae unha gran variedade de actividades e agrupacións, ademais da tradicional foliada.
Como cada ano, as Xornadas Etnográficas da Mariña (Música, Baile e Traxe Tradicional) van itinerando polos diferentes municipios da comarca. A primeira edición tivo lugar en Ribadeo o pasado ano 2022. Este ano será Xove o concello que acollerá o evento en homenaxe á agrupación Saíñas polo seu 40º aniversario.
Este 2023 as Xornadas Etnográficas da Mariña celebraranse de novo en xuño e terán tres días de duración e, como novidade,...
leer másCun obradoiro de baile para a mocidade seguirán as antevésperas do VIII Ribadeo Indiano. Será os días 17 e 24 de xuño.
O concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, lembrou que “xa arrincamos este pasado luns cun obradoiro de coctelería, que foi un éxito de participación. Tratouse dunha actividade coa que desde Acisa e desde o Concello pensamos en ir un paso mais aló, en marcar un paso diferenciador no Ribadeo Indiano, pero mantendo a esencia coa que foi concebido este evento”.
O edil ribadense subliñou: “e agora programamos máis actividades para seguir creando ambiente de cara ao oitavo Ribadeo Indiano, que terá lugar do 7 ao 9 de xullo. Magie Dance vai impartir un Flashmob de Bachata os sábados 17 e 24 de xuño de 11 a 13 horas no espazo de skate de Ribadeo”.
Vizoso...
leer másA asociación cultural O Pasatempo, de Mondoñedo, organiza a unha cea baile con cocido para o 4 de febreiro, sábado, en Finca San Antonio.
O menú está composto por sopa, cocido completo, filloas, viños tinto e branco, auga e refrescos, café e chupito.
O evento empezará ás 21:15 horas coa actuación do dúo Epo-K, ás 22:00 iniciarase a cea e a partir das doce da noite celebrarase o baile de disfraces, tamén amenizado polo dúo Epo-K.
O prezo é de 30 euros e as entradas véndense ata o 1 de febreiro en O Palique, O Rincón de Mondoñedo, Bar Castro e Vinoteca Segundo.
O club de fútbol Sporting Pontenova organiza unha cea baile para o 20 de xaneiro, venres, ás 22:30 horas no Local das Sociedades. A festa será amenizada polo dúo Estrellas e a cea serviraa O Lar de Balbina. Haberá sesión vermú antes de cear, a partir das 21:30 horas.
O menú para adultos ten un prezo de 23 euros e inclúe empanada, lacón, fabada, tenreira guisada, bebida, sobremesa e café. E o menú infantil, que custa 15 euros, está composto por tortilla, pizza, táboa de embutidos, tenreira guisada, bebida e sobremesa.
Os tickets para participar poden recollerse en O Lar de Balbina ou solicitalos a membros da directiva do club ata o mércores 18.
Para a organización deste evento o Sporting Pontenova conta coa colaboración do Concello de A Pontenova.