![](https://www.faroocionorte.com/sites/default/files/styles/juicebox_medium/public/fotos-noticias/2023/current-datecustomm/futbol.jpg?itok=VdUrS8av)
O club de fútbol Sporting Pontenova organiza unha cea baile para o 20 de xaneiro, venres, ás 22:30 horas no Local das Sociedades. A festa será amenizada polo dúo Estrellas e a cea serviraa O Lar de Balbina. Haberá sesión vermú antes de cear, a partir das 21:30 horas.
O menú para adultos ten un prezo de 23 euros e inclúe empanada, lacón, fabada, tenreira guisada, bebida, sobremesa e café. E o menú infantil, que custa 15 euros, está composto por tortilla, pizza, táboa de embutidos, tenreira guisada, bebida e sobremesa.
Os tickets para participar poden recollerse en O Lar de Balbina ou solicitalos a membros da directiva do club ata o mércores 18.
Para a organización deste evento o Sporting Pontenova conta coa colaboración do Concello de A Pontenova.